Navega con rumbo é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura, favorecendo o uso responsable de internet e das redes.
O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha charla deste programa o pasado 29 de abril.
Da man de Kike Agrasar (enxeñeiro de Software e mestre en Formación Profesional en Ciberseguridade) tratáronse aspectos como:
- Que é Internet (a única rede de ordenadores do mundo) e que é un sistema informático (conxunto de hardwares, softwares e persoas).
- A importancia de protexer os equipos electrónicos: información cifrada, contrasinais seguros...
- Consecuencias do uso excesivo das novas tecnoloxías nas persoas máis novas: insomnio, problemas de escritura, de linguaxe...
- A tecnoloxía afecta á bioloxía, ao noso corpo e ao estado de ánimo. Debemos usar as novas tecnoloxías pero con limitacións. Debemos vivir o mundo real para entreternos, non o mundo virtual.
En definitiva, o alumando familiarizouse con novos conceptos relacionados coa navegación segura e todos nos quedamos con un dato ben curioso que descoñeciamos: no 2023, España foi campioa no mundial de hackers!