O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Arzúa que o vindeiro curso 2024-25 vaia cursar os seus estudos no IES de Arzúa (centro ao que está adscrito o CEIP de Arzúa) deberá realizar a reserva de praza entre o:
15 de xaneiro e o 5 de febreiro
(ambos incluídos)
Para tal efecto deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo na Secretaría do NOSO CENTRO no horario de ATENCIÓN ÁS FAMILIAS ou envialo polo alumnado, que llo deberá entregar á súa titora.
Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Lexislación aplicable:
- DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulada na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).