O martes, 21 de setembro o alumnado de 6ºEP visitou as escavacións arqueolóxicas que se están a realizar en Castro Curbín.
Recibiunos na entrada un dos arqueólogos e axudounos a interpretar a paisaxe que se ve ao chegar.
Dirixímonos á entrada do castro e contounos que só van estar traballando na zona dez días, pero que esperan voltar pronto para continuar co labor que están facendo.
Fixeron xa tres buracos. Nos dous primeiros non houbo sorte e só atoparon rocha, pero no terceiro si apareceron cousas moi interesantes: restos dos muros dunha casa do castro, un xogo de mesa da Idade de Ferro, moitos restos de cerámica, un broche...
Moitísimas grazas por amosarnos a importancia de conservar esta parte do noso patrimonio cultural.