Parabéns para a biblioteca

OS LIBROS MODERNOS AVANZAN QUE É UNHA BARBARIDADE, E SOBRE TODO DENDE QUE NO CEIP DE ARZÚA TEÑEN PASIÓN POLA ARTE MODERNA.
OLLADE LOGO!

Noteboek from Evelien Lohbeck on Vimeo.

 

 

Estamos de parabéns!! Este ano conseguimos, por fin, entrar no "plambe", isto danos moitos máis ánimos (e tamén cartos) para seguir traballando. Imos facer da biblioteca un novo espazo con  novo mobiliario, decoración, ordenadores,....un pouco de todo ata que nos cheguen os cartiños.

Recordades que o ano pasado traballamos a idade media?? Pois este ano imos darlle un grande contraste. Apostamos todos e todas pola ARTE MODERNA, veremos moitos Miró, Kandinsky, Luis Seoane, Granell, Botero, Laxeiro, e moitos máis!!

Así que, durante este curso preparádevos para investigar con tódolos medios, tanto escritos como multimedia, sobre a arte moderna, empezando pola nosa terra, na que hai moito que ver!!!

Powered by Drupal - Design by artinet