Hoxe tivemos unha visita moi especial ás 12:40 no salón de actos, Malibú, un can adorable e tenro que fai seis anos que está na granxa da Casa Grande de Xanceda.
Veu facer de mestra dentro dun proxecto chamado EduCANdo con Malibú para ensinarnos a coidar as mascotas, a respectalas, a sensibilizarnos co tema do abandono de animais...foi unha xornada moi interesante e divertida. Para iso presentáronnos á verdadeira protagonista e logo vimos unha presentación onde nos foi explicando punto por punto diversas temáticas relacionadas con este tema, para rematar cun xogo interactivo ou "examen".
Tranquilos e tranquilas!
Saeunos de dez e ata a ponente felicitounos polo ben que o fixemos, polas cousas que sabiamos. tamén lle dixemos que tiñamos práctica coidando mascotas: Atí e Atuá, as tartarugas e Bolitas, as 8 miñocas que temos na clase.
Despois do examen tivemos premios sorpresa: un diploma e un tatoo!!!!
Algo a ter moi en conta!!!!