O 23 de abril o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria puido desfrutar dun contacontos gratuíto que nos ofreceu o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.
Nesta actividade narróuselles aos nenos e nenas oralmente a historia do libro "Mulleres Galegas. Xela Arias", pertencente á colección Mulleres Galegas, editado por Lela Edicións. Durante esta sesión os membros da compañía Polo Correo do Vento deron pinceladas da obra e vida da escritora e ao final fixeron un obradoiro de debuxo no que se realizou unha caricatura da poeta nada en Sarria.