Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.
Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos?
Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade.
Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino, , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!
Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer.
E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn !
Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!