O alumnado de 5º A escolleu este curso dous poemas de Rosalía de Castro para traballar na clase: "Hei de cantar"e "Castellanos de Castilla".
Para comprender a mensaxe do primeiro poema botamos man da versión da canción "Malamente"de Rosalía, fusionada co poema "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro, interpretada pola cantautora arzúa MJ Pérez.
Os carteis que confeccionamos para repartir polos escaparates de Arzúa dando a coñecer a obra da nosa escritora foron estes.
Ademais, no mes de febreiro, traballamos na clase con material diverso subido á plataforma virtual Edixgal, proposto polo EDLG.