O 24 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación.
En realidade, a educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente.
Deste xeito, para conmemorar este día, todo o alumnado participamos na elaboración do mural común que leva por título "A educación promove..." do que saíron respostas tan bonitas coma estas:
"A educación promove... cultura, felicidade, acabar coa pobreza, a solidariedade, o respecto, mellorar a saúde, a igualdade de xénero, ser mellores persoas, cumprir os nosos soños..."
Estas respostas foron rotuladas e coloreadas en debuxos de materiais escolares que simulaban follas que medran na árbore da educación, simbolizando a esperanza e prosperidade. Quedou así de bonito:
Ademais da elaboración deste mural, cada titoría traballou sobre a temática e elaborou os seus propios traballos: murais de aula, visualizacións de vídeos relacionados co tema, manualidades...
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria viu e traballou sobre película "Buda explotó por vergüenza" que relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación. Pero terá que sufrir o acoso doutros nenos que xogan á guerra e pretenden derribala como os seus maiores fixeron coas xigantescas estatuas de Buda.
Sen dúbida, unha gran aprendizaxe da importancia da educación.