SAMAÍN e MAGOSTO NO TERCEIRO NIVEL DE EP

Esta semana toca preparar o Samaín xunto co Magosto na nosa clase.

Este ano adicarémolo a bruxas, bruxos, meigos e meigas...todos e todas preparando pócimas infinitamente máxicas.

 

 

Ao longo desta semana faremos diferentes actividades para traballar esta data de tanta tradición galega, como festa celta que indica o remate do verán e o inicio do outono, que mesturaremos co coñecido Halloween, xa que temos tamén língua inglesa e queremos mergullirnos tamén na súa cultura.

Xa vos imos contando!

Viremos disfrazados ou caracterizados ese día, xa podemos vir dende a casa ou podemos vestirnos no cole!!! De parva podemos traer, a nivel individual, unha degustación samaíntica ou de magosto, xa que polas circunstancias que nos están tocando vivir non podemos facelo doutra maneira. 

Pero celebrámolo e quedámonos con iso!!!!!

Ademáis dos contidos propios destas datas traballados na aula: Magosto e  Samaín ...dunha maneira interdisciplinar decoramos e ambientamos a clase ademáis de elexir melodías e coreografía axeitadas...unha das mellores a de Michael Jackson sen dúbida. Peron non queremos deixar a experiencia do TEATRO DE SOMBRAS:

Verdadeiras obras de teatro levadas a gran estrea na clase, pero aínda quedan moitas por representar xa que somos 24 a traballar de maneira individual, levendo a cabo todo o traballo da montaxe en escena 

Os intres tremendamente especiais quedaron reflexados  nestas imaxes, ainda sendo unha celebración moi estrana marcada polo COVID:

 

E ademáis unha merenda fantástica moi relacionada co tema grazas a colobaoración das familias:

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet