5th GRADE-6th GRADE
IN THE KITCHEN project
Nesta etapa que nos está tocando vivir onde a convivencia na familia é máis intensa e, muitas veces tedes as nais e pais que levar a cabo o papel de profesor@s d@ vos@s fill@s, paréceme unha moi boa oportunidade para aproveitar e dedicala a aprendizaxe algo tan esencial na vida como é coñecer os alimentos que mellor coidan a nosa saúde, como cociñalos, cales son as prácticas máis indicadas para cada alimento e que hábitos de hixiene persoal debemos seguir. Valores que nos gusta compartir e ensinar nas linguas que coñecemos, incluido o inglés.
A través da cociña desenvolvemos a autonomía, a igualdade de xénero, o gusto por unha alimentación saudable, os costumes e modos de vida doutras culturas e países e, unha cousa moi importante, a xenerosidade de compartir o noso tempo e esforzo para brindarlle aos e ás outr@s o placer de comer algo rico.
Pois ben, empezaremos repasando o vocabulario relacionado coa comida, os verbos que se utilizan á hora de cociñar, como se escribe unha receita (primeiro os ingredientes e logo o proceso con instruccións claras e sencillas) e, finalmente, elaboraremos a nosa receita (se é a primeira vez que a facemos, acompañad@s por alguén adult@ da nosa familia) e compartirémola despois con tod@s el@s.
Na Aula Virtual tedes a unidade IN THE KITCHEN, onde podedes atopar un resumo, enlaces ao vocabulario, videos con explicacións, vocabulario, receitas e enlaces a algunha receita fácil e que a tod@s vos gusta. Cada un/ha pode facer a receita da comida que máis lle guste, escribila e incluir fotos ou o que vos pareza interesante. Tamén podedes gravar un video do proceso. Despois xuntaremos as receitas de tod@s e faremos o voso “Libro de receitas”. Animádesvos con este proxecto? Pois mans á masa!