Elaboración do libro-glosario

  Mirade canto traballamos na biblioteca!
Co obxectivo de aprender  vocablos da Idade Media, buscar e anotar o seu significado elaboramos  este libro-glosario.
Nel, participou todo o alumnado do colexio buscando verbas do máis curioso, relacionadas co tema do medievo. Nas súas páxinas hai un recuncho para a música, para os oficios, o castelo, o Camiño de Santiago, e unha morea de cousas máis!
Pero non só esbribimos senón que tamén decoramos co estilo e cores da época.
Se queredes ler e ver o libro-glosario non tedes máis que achegarvos a nosa biblioteca,
Estades todos e todas convidados!

Powered by Drupal - Design by artinet