Communicative Competence tests

         3rd-4th-6th

Communicative Competence tests

 

Good morning, children and families! How are you? 

 Aquel@s nen@s que remataran o traballo anterior e queiran ir practicando poden ir facendo COMMUNICATIVE COMPETENCE tests. Son as probas das reválidas dos últimos anos, pero NON son exames, simplemente uso esto porque son exercicios moi completos, xa que constan de 3 partes: Listening (comprensión oral), Reading (comprensión escrita) e Writing (expresión escrita). O listening ten un arquivo de audio para facelo. Para facelos no ordenador precisades Acrobat Reader, se non, tedes que  imprimilas ou ben copialas na libreta. Na mesma línea metodolóxica que levo seguindo desde o principio, quero insistir que este traballo non é obrigatorio nen hai límite de tempo, insisto, cada nen@ ao seu ritmo.. 

Enviei os PDF de todas as probas a Picariños para quen os queira imprimir, pero pódese coller unha, dúas ou as que cada un/ha considere que pode facer.. Tamén enviei os PDF ao Concello para aquelas familias que vos fan alí as copias, de modo que ao solicitar só teñades que especificar Probas do  2019, 2018, 1017…etc..  (proba comprensión oral- escrita e proba de expresión escrita). Calquera dúbida, por favor, non dubidedes en chamarme. 

Que teñades un bo día! Have a nice day! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet