Benqueridas familias e alumnado de 5º:
A nova proposta de traballo é a seguinte:
1)
Propoño que elaboredes un cartel (tamaño folio) no que aparezan escritas e ilustradas polo menos catro normas/ recomendacións a seguir para protexernos do virus (normas a seguir estando na casa ou para quen teña que saír á rúa). Coloreade o cartel e enviádeme una foto (PRAZO ata luns da semana que vén).
2)
Adxunto fichas de reforzo de matemáticas (números decimais, multiplicacións e fraccións). Por suposto que non é necesario imprimilas, podedes escoller exercicios e facelos na libreta (como cando os facemos do libro).
Lembrade que non é obrigatorio; a miña finalidade é que non perdades o ritmo de traballo e que repasedes e reforcedes contidos do curso.
Déixovos o meu correo electrónico por se queredes enviarme algunha actividade para que vola corrixa (ou simplemente una foto enviada ao meu teléfono). É: noeliavazquezrey@edu.xunta.es
Ánimo a todos e todas. Coidádevos moito!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MATEMATICAS FRACCIONES.pdf | 666.76 KB |
MATEMATICAS MULTIPLICACIONES.pdf | 674.98 KB |
MATEMATICAS NÚMEROS DECIMALES.pdf | 536.62 KB |