Ola de novo a todas as familias e alumnado do CEIP de Arzúa. Son a mestra de Relixión e póñome en comunicación convosco en primeiro lugar para mandarvos moito ánimo e unha aperta moi grande para todos os nenos e nenas do cole, e en segundo lugar para deixarvos un correo electrónico de contacto por se algunha alumna ou alumno quere enviarme o traballo realizado ou precisa comunicarme algo. O correo é: relixion@arzua.net. Lembrade que se trata dun traballo voluntario e que en ningún momento pretendo que os rapaces e rapazas se vexan sobrecargados nin agobiados polas tarefas. Un afectuoso saúdo e quedo a vosa disposición.
A nova proposta de traballo para o alumnado de relixión de 6º esta semana, chámase "De viaxe con Xesús" e trátase de:
- Aprender a localizar xeográficamente,nun mapa de Israel nos tempos de Xesús, os diferentes lugares donde El actúa e ensina.
-Repasar a búsqueda de citas bíblicas de xeito on line. Lembrade que estas citas nos dan información sobre o libro, neste caso vai ser Marcos, o capítulo e o versículo do mesmo.
-Coñecer diferentes acontecementos da vida de Xesús.
Para levar a cabo esta actividade necesitades unha plantilla coas citas bíblicas para encher coa información atopada, un enlace para acceder á biblia on line e un mapa no que situar estos acontecementos. Todo isto queda a vosa dispoñibilidade nun click.
Como actividade complementaria, suxírovos a procura en internet de pinturas que representen algúns deses momentos da vida de Xesús(3 obras de arte), e tomar nota do título do cadro, do seu autor e do museo no que se atopa. Por exemplo o "Bautismo de Xesús", dos pintores Leonardo Da Vinci e Andrea Do Verrocchio, que se atopa na Galería Uffizi de Florencia.
Para o alumnado de relixión de 5º, unha vez resolto o significado do simbolismo do "peixe", propóñovos traballar sobre o símbolo do cristianismo por excelencia desde o século IV: "a cruz". Desde entón a cruz úsase:
-Para identificar aos cristiáns.
-Para representar a Xesús.
-Como símbolo do amor de Xesús.
-Como símbolo da salvación.
Ademáis de ser o símbolo cristián máis universal é un elemento cultural e antropolóxico moi importante, por iso atopamos diferentes tipos de cruces en moitas culturas.
Suxírovos buscar información sobre os seguintes tipos de cruces e tentar logo debuxalas:
-Cruz de San Andrés.
-Cruz de San Pedro.
-Cruz papal.
-Cruz latina.
-Cruz rusa ou bizantina.
-Cruz grega.
Despois podes animarte a crear ti a túa cruz personalizada sobre un tema que a ti che interese: por exemplo a cruz da amizade(na que o travesaño formaría dous brazos abertos para dar un abrazo), a cruz do estudante(formada por dous libros en forma de cruz),etc. O que se vos ocorra, que sodes moi creativos.