Queridas familias:
Un agarimoso saúdo da profesora de relixión dos vosos fillos e fillas. Sen ánimo de sobrecargar de tarefas aos nosos nenos e nenas, simplemente de xeito opcional e voluntario, e como unha materia máis do currículo escolar, non obrigatoria, ben é certo, aquí vos deixo algunhas propostas de actividades que pode levar a cabo o alumnado matriculado na mesma.
Moito ánimo e confianza nunha recuperación rápida da normalidade nas nosas vidas.
Para o alumnado de Relixión de 5º e seguindo co tema que estabamos a ver sobre a simboloxía no cristianismo,propóñovos estas actividades de investigación sobre o signo do "peixe" que usaban os cristiáns antigamente,nos séculos II e III. Lembrade que se non tedes posibilidades de imprimilas,non hai problema,porque as podedes facer nun folio.
Para o alumnado de Relixión de 6º propóñovos que elaboredes unha presentación en diapositivas, como fixemos coa temática do Nadal, pero esta vez co título "A Paixón e a Pascua de Xesús na arte", e con obras e autores de diferentes estilos e épocas pero que se atopan todos eles no Museo do Prado de Madrid. Xa falamos moitas veces de que a iconografía cristiá é esencial na historia da arte. Os cadros e os autores que vos suxiro son os seguintes:
- La última cena, 1562, Juan de Juanes. Renacimiento.
- La oración del huerto, 1562, Tiziano. Manierismo.
- El prendimiento de Cristo, 1798, Francisco de Goya. Neoclasicismo, expresionismo.
- La coronación de espinas, 1618-1620, Antoon Van Dyck. Barroco.
- La caída camino del calvario, 1517, Rafael Sanzio. Renacimiento.
- Cristo crucificado, 1631-1632, Diego Velázquez. Barroco.
- La piedad, 1470, Fernando Gallego. Gótico hispanoflamenco.
- El entierro de Cristo, 1559, Tiziano, Manierismo.
- La resurrección, 1597-1600, El Greco. Manierismo.