Skip to Content

blogue deadmin

TEA. Formación.

    O profesorado do centro recibe formación sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista). A conferencia foi impartida por profesionais que traballan a diario con estas persoas , traballadoras da Fundación Menela, e queremos agradecer a  presencia no centro tanto a Iria como a Bibiana.

 

 

     

Traballo de horta de 2º

APRENDENDO A CULTIVAR NA NOSA HORTA

Chegada a primavera e o bo tempo, o alumnado de segundo puxémonos mans a obra,  e xa que estabamos a traballar o tema das plantas,  que mellor que facer unha plantación na horta da escola.

Fixemos os regos, onde puxemos as nosas plantas de Semprevivas, tapámolos e quedou preparada. Todos os días encargámonos de regar a nosas plantas. Tamén quitamos as malas herbas que van medrando ao  redor.

  

Mar

AS FAMILIAS TAMÉN SE IMPLICAN NO TEMA DO MAR

 

Seguindo co tema de traballo e investigación deste curso: “O MAR”, desde os Equipos de Dinamización da nosa lingua e de Biblioteca, propuxemos ás familias a súa colaboración para que nos deran a súa visión do mar, e fixeran un traballo que se puidera expoñer nos corredores da escola.

Estes son os estupendos traballos que realizaron estas familias.

Parabéns  e un emocionado agradecemento a todas elas por mostrarnos o seu bo facer.

   

 

   

 

Teatro

AULA DE TEATRO NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 

Este ano o día das Letras Galegas  dedícase á escritora María Vitoria Moreno, así que desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística decidimos adaptar unha das  obras da autora para o Festival co alumnado de  sexto.

Todos os luns,  no tempo do recreo,  a aula de teatro  e o equipo ensaiamos esta obra. Foi moi traballoso, pero o resultado na representación foi marabillosa.

Así, puidemos contar un anaquiño da obra “Mar adiante”, a historia dun barco moi especial, “o arroás”.

 

    

 

    

Festival Letras Galegas 2018

Por fin tedes á vosa disposición o video do Festival.

Saúdos. TIC.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut