Skip to Content

blogue deadmin

Programa Aliméntate ben.

Temos boas novas para todos e todas! Hai uns días confirmáronnos a aprobación do noso proxecto para participar no programa de Froitas que a Consellería de Educación concede cada ano a uns 80 coles da nosa comunidade. O nome do programa pode darvos pistas de por onde irán os tiros: ALIMÉNTATE BEN.

Os obxectivos deste programa pasan por fomentar entre o alumnado e as súas familias uns hábitos de vida saudables, facendo especial fincapé na importancia de coidar as nosas merendas e de aumentar a inxesta de froitas, tan importantes na nutrición infantil.

Ao longo do curso iremos traballando diferentes aspectos relacionados con este tema e este será o espazo que empregaremos para poder compartir convosco os nosos traballos. 

Os nosos obxectivos? Comezaremos por descubrir os hábitos alimenticios do alumnado, investigaremos arredor das recomendacións nutricionais, tentaremos integrar nas nosas merendas alimentos máis saudables... Permanecede atentos e atentas a esta sección para coñecer tódalas novas! Seguro serán do voso interese Guiño


Foliada de Tenorio

 

Aquí vos deixamos a seguinte cantiga.

 

 É unha foliada, palabra que significa festa na que a xente reúnese para tocar, cantar e bailar, pero,  tamén, foliada úsase para designar un xénero musical parecido á xota (con un tempo máis pausado e unha parte instrumental e outra cantada, falando en termos moi xerais).

 

A foliada de Tenorio foi tocada por os recoñecidos Gaiteiros de Soutelo, con Avelino Cachafeiro, un dos gaiteiros máis prestixiosos na historia da nosa gaita.

Cantigas

 

Outra semana máis e outra cantiga nova.

 

Xa que pasou o San Martiño,  e xa botamos os trompos ao camino e algúns,  xa mataron o seu porquiño, decidimos pór esta cantiga tan apropiada para estas datas.

 

Resultavos coñecida? Esperamos que así sexa.

 

CANTIGAS

Este curso, como outros cursos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxemos en marcha o noso taboleiro.

 

Desta vez, decidimos que o tema a tratar ían ser as cantigas tradicionais galegas. Esas cantigas que adoitaban cantar os nosos maiores cando estaban de festa, xa sexa na casa ou nas tabernas.

 

Seguro que moitas delas vos soan moito e pode que algunha vez tamén as cantarades.

    

 

 

Ademais, como este ano temos como proxecto de centro o tema do bosque, buscamos que algunhas das coplas ou dos retrousos puideran estar relacionados con este tema.

 

Para levar adiante isto, decatámonos de que o noso alumnado non coñece moitas destas cantigas, así que pensamos que vós poderiades botarlles unha man para resolver a adiviña.

 

Aquí tedes a cantiga da próxima semana, a ver se sodes quen para atinar con ela.                                                  Picade eiquí.

 

CHEGOU O OUTONO

 

 

Á aula de primeiro chegou o outono.

 

Estivemos vendo os froitos que crecen nesta estación do ano.

 

As familias fixeron as súas cabazas decoradas, que expuxemos coas demais do centro e decoramos unha parte pequeniña do noso corredor.

 

Va que temos un carballo ben grande!!!!

 

        

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut