Skip to Content

blogue deadmin

NOVAS ESCRITORAS E ESCRTORES

O alumnado de 2º de primaria na hora de ler fixeron contos e libros . Aprendemos a contar historias a investigar sobre distintos temas e  a ilustrar os seus propios contos. Tamén aprendemos a ler as nosas historias aos compañeiros e el@s aprenderon a escoitarnos e tod@s  valoramos moito máis o traballo de tod@s e así, podemos fomentar o gusto por facer este tipo de traballos. Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.

 

    

8 de MARZO

Entroido 18

XA ÍA SENDO HORA. ENTRADE NO ENLACE QUE VOS LEVA Á GALERIA DE FOTOS DO ENTROIDO.

SAÚDOS.

 

Educación Viaria

Estimados pais e nais.

 

Queremos presentarvos un novo proxecto que estamos levando a cabo no centro e coa participación do Departamento de Educación Física.

Trátase dun proxecto vencellado á Educación Viaria, unha das asignaturas pendentes no sistema educativo, e que pensamos que a escola ten moito que aportar.

A LOMCE establece no seu desenvolmento, unha serie de obxectivos, contidos e estándares, relacionados coa educación viaria, e que podemos resumir:

 

Obxectivos.

Fomentar a educación viaria e as actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

 

Contidos

 Adopción de condutas seguras ao actuar como peóns ou nas saídas polo contorno do colexio

Recoñece e respecta as normas de educación viaria en contornos habituais e non habituais.

Coñecemento da normativa básica de circulación en rúas e estradas.

Identificación e respecto, ao realizar saídas fóra do colexio, dos sinais básicos de tráfico que afectan aos peóns e ás persoas ciclistas.

 

Estándares de aprendizaxe

 

Acepta formar parte do grupo que lle corresponda e o resultado das competicións con deportividade.

Recoñece e respecta as normas de educación viaria en contornos habituais e non habituais.

 

 

         Polo tanto o proxecto desenvolverémolo, tanto con actividades dentro das aulas como actividades prácticas a desenvolver nun circuíto construído no patio do centro empregando como vehículo as bicicletas dos nenos e nenas. Estas actividades externas, desenvolveránse por quendas (cursos) o primeiro día da semana, previo aviso ás familias a través da aplicación Abalar Móbil, é dicir, avisaremos que nenos poderán traer a súa bicicleta e que día.

 

Normas:

Para que o proxecto resulte positivo, necesitamos que o alumnado cumpra unha serie de normas, para as cales solicitamos a vosa axuda.

         O alumnado traerá a súa bicicleta e aparcaraa no lugar designado ás 9 de mañá, retirándoa ás 14 horas para marchar a casa.

        O alumnado de infantil poderá traer o seu patinete para traballar a educación viaria cando o profesor o estime oportuno desenvolver nas horas de Educación Física.

        O alumnado transportado poderá traer a bicicleta no autobús.

        O alumnado non poderá empregar a bicicleta fóra do horario designado para o circuíto, que será na hora do recreo. Non se permitirá que sexa un xoguete para utilizar en calquera momento.

        O alumnado usuario do comedor, deixará a súa bicicleta custodiada nun lugar designado, ata o momento de marchar para casa, non permitíndoselle que a empregue no centro nos momentos de lecer. O mesmo criterio empregaremos para o alumnado PROA.

        O alumnado deberá obrigatoriamente, traer casco. Non se permitirá empregar a bicicleta sen o mesmo.

        O alumnado que non cumpra as normas básicas de tráfico, (facer o tolo coa bicicleta, non facer caso dos monitores asignados, etc), será privado de participar na mesma actividade.

        O alumnado fará actividades teóricas (fichas, fichas para colorear, visionado de vídeos, xogos interactivos, etc.).

        Aqueles alumnos que incumpran as normas, serán retirados da actividade durante o tempo que se estime oportuno, en función da gravidade do feito.

 

 

 

Para rematar, é importantísimo que as familias nos boten unha man no cumprimento das normas, así que solicitamos a vosa colaboración.

 

 

Reciban un cordial saúdo.

Rosalía de Castro

Día de Rosalía de Castro

Este ano celebramos o 181 aniversario de nacemento desta insigne autora.

Cada 24 de febreiro na escola rememoramos os seus versos e a súa biografía, reivindicando a súa figura como “referente necesario” na dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.

Cada aula de infantil e primaria traballou distintos poemas da autora. Aquí vai unha pequena mostra do traballo realizado.

 

   

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut