Skip to Content

blogue deadmin

Benvidos e benvidas á web do CEIP Coutada- Beade de Vigo.

 

Somos un centro aberto á participación das familias e institucións locais, propoñéndonos impartir unha educación de calidade que non se quede só na instrucción, senón que tenta  transmitir valores como a coeducación, a responsabilidade, a autoestima e a convivencia. O profesorado, a través da titoría e da orientación, presta unha atención individualizada que permite a cada nena ou neno desenvolver ao máximo as súas posibilidades. Para esta tarefa, conta coa corresponsabilidade das familias, coas que realiza un traballo compartido.
O centro celebra as seguintes conmemoracións: Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas e Festa da Cereixa, entre outras.
Impártense os programas habituais en educación infantil e primaria, e, ademáis, tamén se introduce o inglés desde infantil, existindo tamén a opción de francés (se hai demanda). En dous cursos (2º e 4º), a educación artística é bilingüe (castelán-inglés) e contamos cunha persoa nativa como auxiliar de conversa.

Localización e contacto

C.E.I.P. COUTADA - BEADE

Camiño do Alén, nº 6

C.P. 36312 Vigo

Pontevedra

 

TELÉFONOS: 886 111 196 - 886 111 195

FAX: 886 111 197

MAIL: ceip.coutada.beade@edu.xunta.es

 

 

 

LIÑAS DE BUS URBANO QUE PASAN POLO CENTRO:

L6 (Praza España- Beade)

L27 (Beade- Rabadeira)

 

O CENTRO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE VIGO

Acoso escolar e ciberacoso.

Deixámosvos na web os folletos informativos sobre acoso escolar elaborados polo Departamento de Orientación do centro para que poidades consultalos cando desexedes. 

Nova edición da nosa revista dixital TOC TOC BEADE 16-17

Comezamos un novo curso e, con el, unha nova edición da nosa revista dixital TOC TOC Beade.

Nesta ocasión, debido ao cambio de políticas no referente á inserción de imaxes, tivemos que cambiar de plataforma, agardamos que vos guste de todos modos Guay (seguides tendo acceso á edición anterior na parte superior da columna dereita, no bloque ´Revista escolar´> curso 15-16).

Non dubidedes en facernos chegar as vosas suxerencias e comentarios ao final dos artigos que iremos publicando.

Comezamos!

Resultado de imaxes para revista digital

Centenario das Irmandades da Fala

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

 Este ano celébrase o centenario (1916-2016) do movemento que reivindica a lingua e a cultura galega e que estivo integrado por figuras tan importantes como Antón e Ramón Vilar Ponte, Ramón Cabanillas, María Miramontes, Otero Pedrayo, Vicente Risco,..

No noso taboleiro temos información dos acontecementos máis salientables deste movemento.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut