Skip to Content

blogue deadmin

O meco arde.

Xuízo do Meco 2018

 


Hoxe é día do teu xuízo

por ter feitos mil maldades,

imosche facer pagar

as túas barbaridades.

 

Queimaches o monte todo

e deixáchelo ben seco.

Xente que quedou sen casa

pola túa culpa Meco.

 

As cinzas baixan do monte

e case chegan ao mar,

os pobres dos berberechos

non poderan respirar.

 

E non chovía nin pinga,

Tiñas secuestrado o ceo

Menos mal que  xa amañaches,

estan os encoiros cheos.

 

Botan lixo no mar

plástico,aceite e máis cousas,


e se non remedias iso

Ímoste bater nas costas.

 

Os mariñeiros traballan

Á noite coa luz da lúa,

se non collen moito peixe

ha de ser por culpa túa.

 

Uns  imos de calamares

e outros imos de chinchos

Todos vivimos aquí,

e queremos o mar limpo.

 

Meco xa chegou a hora

de pagar os desperfeitos,

Ímoste queimar agora

do revés e do dereito.

 

O alumnado de Beade

vaiche dar a despedida,

ata outro ano Meco¡¡¡

que pases a mellor vida!!!

 

       

Presentando o SKATE

Estes días estamos presentando unha actividade nova para os alumnos como é o SKATE. Dita modalidade deportiva, será olímpica nas vindeiras olimpiadas.

Aquí tedes unhas cantas imaxes. Pincha nos arquivos adxuntos para ver máis.

Saúdos.

CHOCOLATADA NO COLEXIO

PARABÉNS A TODOS E TODAS, ALUMNADO, PROFESORADO E FAMILIAS. GRAZAS POR ENDULZARNOS UNHA XORNADA ESCOLAR COMA A DE HOXE.

EN VINDEIROS DÍAS TEREMOS DISPOÑIBLES AS FOTOGRAFÍAS E OS VÍDEOS DO FESTIVAL DE ENTROIDO.

ATA ENTÓN, DESFRUTADE DOS FESTIVOS.

 

    

 

   

 

  

O PERGAMIÑO VINDEL

O día 22 de xaneiro o alumnado do 3º curso fomos ao museo do mar, ver O PERGAMIÑO VINDEL.Esta obra está exposta por primeira vez aquí, na nosa cidade. FAI CLIC NA IMAXE PARA VER MÁIS.

O PERGAMIÑO VINDEL

O día 22 de xaneiro o alumnado do 3º curso fomos ao museo do mar, ver O PERGAMIÑO VINDEL. Esta obra está exposta por primeiro vez aquí, na nosa cidade.

Esta obra procede da Morgan Libray&Museum de New York e chega a Galicia por primeira vez na historia para a súa exhibición pública.

O pergamiño Vindel foi escrito e musicado por Martín Códax e achega unha valiosa luz para comprender o esplendor da Lírica medieval Galego- Portuguesa e portan, ademais o valor simbólico da raíz primitiva da nosa cultura.

Os nosos alumnos e alumnas quedaron moi sorprendidos o saber que a tintura das letras está feita con pó que teñen as bugallas, e aínda se conservan despois de tantos séculos. Tamén repararon no pergamiño que está feito con pel das cabras e das ovellas, quedando moi sorprendidos.

Unha visita moi interesante, onde aprendemos moitas cousas!!!

 

    

 

    

 

     

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut