Durante o presente curso estase a levar a cabo uns obradoiros de cociña, onde pretendemos concienciar ao alumnado sobre aspectos relacionados coa alimentación, a saúde e a sustentabilidade. Así, emprendemos un novo desafío para o centro, deseñando actividades motivadoras, eminentemente prácticas e sobre todo lúdicas.
Polo de agora, os rapaces e rapazas do centro elaboraron simpáticos postres con froitas para conmemorar a festa so SAMAÍN, cociñaron unha empanada, como receita de aproveitamento, e coñeceron unha maneira distinta e saudable de almorzar.
Tedes uns exemplos a continuación.
Saúdos.