Un ano máis no noso Centro celebramos a festividade do Samaín este 31 de outubro. Esa tradición que nos deixaron os Celtas e que aquí e en Irlanda, e a onde foron os irlandeses, seguiu festexándose e, evolucionando, en cada País dunha maneira particular.
Estas son algunhas das fotos da nosa exposición de cabazas feitas polas familias:
Tamén puidemos saborear os estupendos doces que prepararon as familias.
Desta vez, como vén sendo habitual, as familias participaron arreo facendo marabillosos traballos coas cabazas. Así que decidimos outorgar os premios ás mellores cabazas tendo en conta tres criterios distintos: a orixinalidade, a tradición e as que deran máis medo.
Aquí tedes @s gañadores deste certame.
Grazas a tod@s pola vosa participación. EDLG.