Skip to Content

blogue deadmin

Gañadores do reto Aliméntate ben! Semana 1

Xa temos os resultados da primeira semana participando do reto de merendas saudables no cole de Beade!

Podemos asegurarvos que a campaña está sendo TODO UN ÉXITO e que estamos moi contentos e contentas coa resposta do noso alumnado e das familias. Parece que comezamos cumprindo o obxectivo de ir mellorando as merendas no centro, agora só nos falta convertelo nun hábito Guiño

Sigamos disfrutando do concurso e, por suposto... PARABÉNS AO EQUIPO DE 6ºA!!! Case, case alcanzado polo equipo de 4º Sorprendido Veremos qué nos depara esta semana.

 

Ranking da semana 1

 

 

Equipo gañador 6ºA

 

 Ademais da condecoración correspondente, os mozos e mozas de 6ºA disfrutarán durante toda esta semana dun privilexio especial que outorgará a súa titora.

E, lembrade, o equipo que máis condecoracións teña ao finalizar o reto... PREMIO ESPECIAL!!! Guay 

 

 

Receitarios saudables en marcha!

Quen dixo que comer ben era aburrido? No cole de Beade estamos descubrindo que comer froita se pode converter nun verdadeiro divertimento. Non só polo reto que comezaremos este luns (tedes toda a información aquí), senón tamén grazas á vosa colaboración dende o fogar para a elaboración dos nosos Receitarios Saudables.

Cada semana estes cadernos chegarán a unha casa para desfrutar de tempo compartido entre froitas e cubertos SorrisoLembrade que nas aulas esperan expertas e expertos catadores; mmmm!

De antemán, moitísimas grazas por colaborar nesta nova misión; agardamos que desfrutedes do proceso!

Aquí vos deixamos un enlace ao álbum coas imaxes e vídeos das receitas que foron chegando ás diferentes aulas do cole (ATENCIÓN: irémolo actualizando semana a semana!):


-ÁLBUM RECEITARIOS SAUDABLES-

Canta froita comemos no cole? Temos os resultados!

Xa vos amosamos o que acontece en Infantil, queredes saber agora o que estaba a suceder en Primaria? Pois sabede que os mestres e mestras do centro estivemos a facer un "estudo-segredo" Guay durante o mes de decembro para contabilizar o consumo de froita durante as merendas do cole. Algúns alumnos e alumnas decatáronse de que algo acontecía, pois iso de que os titores e titoras preguntasen polas merendas de xeito tan insistente era un pouco sospeitoso... pois ben, aquí temos os resultados das nosas investigacións! 

 

A partires desta contabilización poidemos establecer a porcentaxe media do consumo de froita de cada aula durante o mes de decembro, aquí vos amosamos os resultados:

 

Como podedes ver, a aula de 5ºB foi a máis saudable en canto a merendas se refire! Pero isto non ten porqué seguir sendo así...

 

 

ATENTOS E ATENTAS!!! Queredes participar neste RETO???

 

Este curso propoñémosvos participar nunha proba na que pretendemos atopar A AULA MÁIS SAUDABLE. Para participar só teredes que encher as vosas merendas de froita e ir cubrindo as táboas coa axuda dos vosos titores e titoras. A clase que máis froita merendase ao rematar cada semana, obterá un recoñecemento especial. Ademáis, ao finalizar o curso, outorgaremos os debidos premios a aquelas aulas máis participativas Guiño

Veña, que comer froita vaise converter agora nun divertido xogo. COMEZAMOS!

 

Aprendendo sobre a NUTRICIÓN en 1º

Os nenos e nenas de 1º de Primaria desenvolveron durante o primeiro trimestre un traballo de investigación arredor da alimentación co que aprenderon moito sobre a procedencia das nosas comidas, dos beneficios e perxuicios das mesmas, da importancia de fixarnos nas etiquetas... Pero este é un traballo que debe continuar na casa, así que, animámosvos a participar na continuación desta "investigación". Todos e todas podemos aprender a comer mellor! 

Accede ao álbum de imaxes clicando aquí.

 

Hora da merenda nas aulas de Infantil.

Despois de traballar nas aulas a importancia de cumprir cunha boa rutina de hixiene á hora de alimentarnos, achegámosvos uns vídeos nos que tomamos conta do proceso.

Aquí podedes ver como os nenos e nenas de 4 e 5 anos aprenderon a lavar ben as súas mans: palma, dorso, dedos e unllas a remollo!

E, coas mans ben limpiñas, chega a hora da merenda. Os MARTES, contando coa colaboración das familias e cumprindo co calendario de merendas entregado na reunión inicial, todo o alumnado de Infantil trae unha saborosa peza de FROITA para repor enerxías. 

Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3 e 4 anos contándonos que froita trouxeron:


 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut