Skip to Content

blogue deadmin

Gañadores do reto Aliméntate Ben! Semana 3

E aconteceu o que ninguén esperaba! O equipo de 5ºB pasou sixiloso, pero adiantou no marcador ao doblemente campión 6ºA. Parece que hai máis equipos que están a tomarse moi en serio este reto... E a nós encántanos!

PARABÉNS A 5ºB que esta semana estrea medalla na súa porta e premio semanal negociado coa súa titora Guiño

Ánimos aos demais equipos!

(Podedes clicar na imaxe para acceder ao álbum de gañadores)

Celebramos o Día de Rosalía

Hoxe, domingo 24 de febreiro, celébrase, como cada ano, o Día de Rosalía. Animados e animadas polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do centro (EDNL) quixemos renderlle homenaxe cun dos poemas máis coñecidos de toda a literatura galega. Mirade que fermoso nos quedou:


 

Gañadores do reto Aliméntate ben! Semana 2

E de novo volveron sorprendernos os nenos e nenas de 6ºA con un récord de merendas froiteiras! Sí que o están a tomar en serio estes mozos e mozas, PARABÉNS EQUIPO!!!

Deixámosvos cun enlace ao álbum de gañadores semanais do reto facendo clic na imaxe:

 

 

E, como non, seguimos cos nosos Receitarios Saudables; non esquezades ir revisando o álbum ao que cada semana iremos engadindo novas imaxesGuiño Podedes acceder facendo clic nesta outra imaxe:

 

Álbum dos Receitarios Saudables

TDAH

O  profesorado do centro asiste a unha xornada sobre TDAH. 

Nesta ocasión, a psicopedagoga Paula Suárez, do gabinete POSITIVANDO, informou ao equipo docente do centro sobre o trastorno do déficit de atención e a hiperactividade. Fixo unha exposición sobre as causas que o provocan, facendo fincapé nas distintas terapias recomendadas para tratar ditos problemas. Así,  a xornada desenvolveuse moi satisfactoriamente, razón pola que, dende o centro, queremos agradecer públicamente.

   

 

  

 

Charla sobre o abuso e maltrato infantil

 

 

      O profesorado do centro recibe formación contra o abuso sexual infantil e o maltrato. O pasado martes todos os docentes do centro recibiron unhas nocións sobre esta lacra que atenaza a nosa sociedade. Entre outras cuestións puxéronse enriba da mesa as causas polas que se producen e os mecanismos máis axeitados para poder detectalo e denuncialo. Dita sesión estivo desenvolvida por voluntariado da asociación galega AMINO, á cal queremos dar as grazas públicamente. Se precisan máis información, pódense dirixir a dita asociación no enderezo www.aminogal.es .

 

 

  

  

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut