Gañadores do reto Aliméntate ben! Semana 1
Xa temos os resultados da primeira semana participando do reto de merendas saudables no cole de Beade!
Podemos asegurarvos que a campaña está sendo TODO UN ÉXITO e que estamos moi contentos e contentas coa resposta do noso alumnado e das familias. Parece que comezamos cumprindo o obxectivo de ir mellorando as merendas no centro, agora só nos falta convertelo nun hábito
Sigamos disfrutando do concurso e, por suposto... PARABÉNS AO EQUIPO DE 6ºA!!! Case, case alcanzado polo equipo de 4º Veremos qué nos depara esta semana.
Ademais da condecoración correspondente, os mozos e mozas de 6ºA disfrutarán durante toda esta semana dun privilexio especial que outorgará a súa titora.
E, lembrade, o equipo que máis condecoracións teña ao finalizar o reto... PREMIO ESPECIAL!!!