Skip to Content

blogue deadmin

A nosa compañeira

Os maios 2018

O maio 2018

Xa chegou a primavera!!!!

Este curso, como vén sendo tradición, celebramos o Maio. Desta vez, desde o E.D.N.L, quixemos xuntar esta celebración cos versos de Rosalía de Castro. Deste xeito, entre tod@s construímos o Maio e aprendemos, recitamos, cantamos e bailamos estes fermosos versos da nosa poetisa máis querida.

Maio longo, Maio longo

todo cuberto de rosas,

para algúns telas de morte,

para outros telas de voda.

Maio longo, Maio longo

fuches curto para min,

veu contigo a miña dicha,

volveu contigo a fuxir.

 

 

    

  

Educación Viaria

Por fin puxemos en marcha o circuito de Eduación Viaria no Centro. Esta actividade é consecuencia do desenvolvemento do currículum de EF, onde se establecen unha serie de obxectivos e contidos a desenrolar durante as clases. Así estase a traballar na aula ditos contidos, e como forma práctica de poñelos en práctica, quixemos crear un pequeno circuito de tráfico onde os rapaces e rapazas teñan a oportunidade de demostrar o aprendido.

Facede clic na imaxe para obter mais fotografías.

Un saúdo e gracias a todos pola vosa colaboración.

Frases para pensar

Neste curso,  na materia de valores éticos, o alumnado de 2º estivemos a traballar distintos temas que nos valeran para establecer unha mellor convivencia entre tod@s.

En cada sesión traballamos unha frase, pensabamos que queriamos transmitir con ela, a escribiamos e decorabamos a nosa páxina. Así, fixemos un pequeno libro co título: “Frases para pensar”. Nel recollemos  todo este traballo co que quixemos incidir nunha mellor actitude cara a amizade, a empatía, a diversidade, a inclusión, a non violencia,…

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut