Traballo de horta de 2º
APRENDENDO A CULTIVAR NA NOSA HORTA
Chegada a primavera e o bo tempo, o alumnado de segundo puxémonos mans a obra, e xa que estabamos a traballar o tema das plantas, que mellor que facer unha plantación na horta da escola.
Fixemos os regos, onde puxemos as nosas plantas de Semprevivas, tapámolos e quedou preparada. Todos os días encargámonos de regar a nosas plantas. Tamén quitamos as malas herbas que van medrando ao redor.
Algunhas das plantas non conseguiron medrar, pero a gran maioría medra con forza.
Seguiremos a coidar das nosas plantas e esperemos que pronto podamos agasallar as nosas familias cun pequeno ramo de flores.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DSC03479.JPG | 53.93 KB |
DSC03482.JPG | 52.5 KB |
DSC03487.JPG | 52.21 KB |
DSC03491.JPG | 57.4 KB |
DSC03542.JPG | 54.94 KB |
DSC03543.JPG | 55.2 KB |