Skip to Content

Educación física

Xornada multiaventura: GALIPARK

  Para poñer a guinda final deste curso, todo o alumnado realizou unha viaxe ata Padrón, para participar dunha xornada multiaventura, con actividades organizadas segundo a idade do alumnado. Alí gozaron da tirolina, festa da espuma, tiro con arco, hinhcables, etc. Rematamos o curso optando cunha actividade de movemento nun entorno ao aire libre.

A xornada foi ben divertida e o alumnado gozou de novas actividades deportivas.

 

Deica o curso que ven!!!

Colaboramos na limpeza de praias

PLOGGING EN RIAZOR

 

  Este curso participamos nun programa organizado polo CEIDE de educación ambiental. No mes de abril, o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla na aula sobre o lixo mariño e os tipos do mesmo que se atopan habitualmente, xunto coas consecuencias que isto ten para o medio ambiente e a nosa saúde.

 

 Días máis tarde disto, visitaron a praia de Riazor para colaborar nunha xornada de limpeza, na que, sorprendentemente, recolleron lixo en cantidade e de todo tipo. Chamoulles a atención este feito xa que se trata dunha praia urbana que se limpa diariamente pero a cantidade de microplásticos e basura é moi alta pese a todo.

 

  Así, nesta xornada, a EF desprazouse a un entorno moi atractivo.

 

  Temos a esperanza de que cada curso no que volvamos, a cantidade de basura desapareza.

Ioga: Mellora a túa saúde e equilibra corpo e mente

 

Ioga para rapazada

 

  Como parte do PVAD e como actividade importante para lograr un clima de benestar emocional e dar estratexias e recursos de relaxación e manexo de emocións ao alumnado, contratamos a dúas monitoras de ioga especialistas en traballo con nenos, que fixeron sesións adaptadas á idade de cada grupo para que todos as aproveitasen ao máximo.

 

  Aproveitamos estes días de bo tempo para realizalas no exterior, xa que o noso espazo verde propciona un ambiente idílico para esta práctica.

 

 

  Agardamos que lle sacárades moito proveito e a poñades en práctica en canto poidades.

 

Entrega Pack Generali

Generali Get into Rugby

Navegando pola rede atopámonos co programa Generali Get into Rugbi e decidimos partipar. Tras realizar unha formación coa súa correspondente avaliación enterámonos que o colexio fora agraciado cun kit de Rugby Cinta que incluía:

  • 30 cinturóns de rugby cinta.
  • 3 balóns.
  • 30 petos.
  • Bolsa de transporte.

Estamos encantados con este regalo que, de seguro, usaremos nas sesións de EF.

Graciñas Generali!

 

 

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN ENKI

xORNADAS EN COLExIOS SOBRE DEPORTE ADAPTADo

  Neste mes de marzo, escolares de toda a contorna da Coruña, incluídos os nosos, participaron nas Xornadas de Sensibilización da fundación ENKI, na que probaron distintas variedades de deportes como esgrima, iudo, ciclismo ou tenis de mesa entre outras.

  Todos os nenos, teñan ou non discapacidade, teñen dereito a facer deporte e esta é a filosofía que leva a ENKI a promover que se coñezan estas modalidades adaptadas e os escolares teñan a oportunidade de poñerse na pel das persoas con discapacidade.

  Ademais de que foi unha xornada moi entretida, viñemos cunha chea de aprendizaxes satisfactorias.

 

A RUTA DA AUGA

RUTA DA AUGA

 

No Concello de Cambre, atópase o embalse de Cecebre que abastece de auga á cidade da Coruña.

  Dende a área de EF recalcamos a importancia que a auga ten para o ser humano, tanto para a súa saúde coma para o entorno e a natureza e manter un equilibrio da mesma.

 

  Así, a oportunidade de facer unha ruta guiada pola zona de Crendes era algo que non podiamos desaproveitar. O alumnado de 3º a 6º completou un percorrido pola beira do embalse na que os monitores nos explicaron á perfección unha chea de detalles sobre a fauna e a flora do lugar. Aprendemos moitísimo e mesmo tivemos a ocasión de poñelo en práctica tras dunha picadura de estruga a unha rapaza. Resulta que as follas de menta que sempre adoitan medrar cerca alivian a sensación de dor e escozor. Marabilla!

 

STOP ACCIDENTES

 

  Stop Accidentes é unha asociación de afectados por accidentes de tráfico. Os noso alumnado acude ao centro principalmente camiñando polo que este programa é fundamental para educar nunha conciencia de peóns responsables.

  A través do proxecto ANCAS (Ahora vamos andando al cole), trátase de fomentar unha mobilidade segura, sostible e saudable dentro do espazo público compartido, convertindo tanto ao peón coma ao ciclista nos verdadeiros protagonistas da cidade. Realizáronse distintos talleres, un deles incluíu un circuíto de educación vial en bicicleta para o alumnado de 3º e 4º, que acudiu cos seus vehículos ao colexio. 

 

  Dentro do programa Stop Accidentes, participamos no concurso Camiño Escolar seguro e un dos nosos alumnos resultou finalmente gañador e recibiu unha bicicleta como premio. Foi alucinante! Noraboa a todos.

 

OS PARRULIÑOS COÑECEN A RÚA

OS PARRULIÑOS COÑECEN A RÚA

  Dende o Concello da Coruña en colaboración coa Policía Local, ofértase esta actividade de educación vial, coa que se pretende coñecer as normas básicas como peóns así como relacionar a figura da Policía Local co tráfico. 

  Os máis pequenos do cole participaron desta interesante iniciativa que comezou cunha pequena charla e o visionado de debuxos animados sobre o tema. 

 

  O máis divertido viría a continuación: Xunto cos dous axentes de policía saímos do colexio para realizar un camiño escolar seguro, polos arredores do centro facéndose ver cos chalecos amarelos e aprendendo como atravesar os pasos de peóns de forma segura e o significado dos sinais de tráfico situados na contorna.

  Xa para rematar, tiveron a ocasión de subir a un furgón da Policía e mesmo dicir algo polo altofalante. Toda unha experiencia para estes pequenos.

DAFIS

 

  DAFIS, como proxecto, diríxese dende a Fundación do Deporte Galego, sendo unha ferramenta creada ao amparo do Plan de Fomento da Actividade Física Galicia Saudable. Trátase dunha iniciativa para previr a o sobrepeso, a obesidade e o sedentarismo nos escolares galegos.

 

Inclúe medicións antropométricas (talla e peso entre outras) e 6 probas de aptitude física: prensión manual, resistencia aeróbica, flexibilidade, axilidade, salto horizontal a pés xuntos e suspensión de brazos.

 

  Dado que nos parece un instrumento interesante para valorar o nivel de condición física do noso alumnado e ver a súa evolución ao longo dos cursos, decidimos aplicalo pero coas modificacións ou adaptacións pertinentes segundo a idade, como é o caso da Course Navette, xa que DAFIS se aplicará de 3º a 6º de primaria.

 

  Se queredes facervos unha idea máis clara de en que consiste este proxecto pinchade aquí.

 

 

Liga Saludable Plátano de Canarias

LIGA SALUDABLE PLÁTANO DE CANARIAS

 

 Dende Plátano de Canarias, chega esta proposta para o alumnado de maior idade, de 3º a 4º de EP. Trátase dunha actividade moi motivante e non moi coñecida polos nosos nenos: Un escape-room. 

 

  Aprendendo sobre alimentación equilibrada, os nenos deberán afrontar os retos da primeira aventura, que lles facilitará o acceso á seguinte, e así sucesivamente ata completar a 5 aventuras da misión e derrotar a INSANUS. Este malvado fixo desaparecer a froita de todo o mundo para que nos quedásemos sen enerxía.

 

Seremos quen de vencelo?

 

 

 

LOITA CONTRA INSANUS!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut