Skip to Content

Educación física

MONSTER GROWER

COMEZA A AVENTURA...

 

 

  Da man de Kiwi Zespri, comezamos no primeiro trimestre e parte do segundo esta nova andadura: Trátase do programa Monster Grower, patrocinado por Kiwi Zespri e o seu obxectivo á incrementar e fomentar o consumo de froita e verdura, centrado neste caso na hora do recreo, no alumnado de todo o colexio. Lograremos que os nosos monstros crezcan sans e fortes? 

 

  Por medio dun Medidor de Consumo que realizaremos xusto antes do recreo, alimentaremos ao monstro coas vitaminas e minerais grazas ás froitas e verduras que traia o alumnado.

 

 

  E se moitos cumplen con isto, poderemos comprobar como medra o noso monstro e incluso dotalo de moitos complementos.

 

 Cal será o monstro máis san?

 

Se queredes máis información, pinchade aquí.

Resultados análise merendas

 QUE MERENDAN OS NOSOS NENOS NO RECREO?

 

  Esta foi a pregunta que nos fixemos este inicio de curso 23/24. Porque? Queriamos averiguar se as merendas eran na súa maioría saudables ou, pola contra, se baseaban en produtos procesados para poder educar nunha alimentación máis natural baseada en froitas e verduras principalmente.

  

  A investigación abarcou todo o primeiro trimestre afectando tanto a alumnado de infantil coma de primaria e estes foron parte dos resultdos obtidos:

 

 

  Comprobamos que nestes niveis o consumo de froita é elevado: máis da metade do alumnado, aínda que tamén unha porcentaxe importante dos nenos traen galletas ou algún outro alimento envasado e altamente procesado.

 

 

Chama a atención que nos cursos superiores nos que o alumnado debería ser máis consciente do que come e da importancia disto, o consumo de froita é significativamente máis baixo, incrementándose o de alimentos procesados altos en graxas saturadas, azucres e, en definitiva, moi pouco axeitados para unha vida san se se consumen de xeito diario.

 

  Por todo iso e como centro comprometido na saúde dos seus nenos e nenas, participaremos en varios programas de alimentación saudable. Xa vos iremos adiantando máis novas e agardamos provocar un cambio de mentalidade e unha maior concienciación alimentaria. 

 

 

 

 

 

 

Iniciación á Esgrima

  En colaboración coa club Cen Tolos, o maestro Janh deunos a coñecer esta disciplina deportiva durante varias sesións na hora de EF. Tivemos a oportunidade de traballar con material novo para moitos dos alumnos, casco protector e florete, e practicar habilidades básicas coma a guardia, marchar e romper ou o fondo.

  Foi ben divertido e mesmo se planteou a posibilidade de facer un campamento de verán no colexio centrado neste deporte. Agardamos que sexa unha realidade porque nos parece unha oportunidade ben atractiva  e interesante para a rapazada.

 

 

Os PPAA salvan vidas

OS PRIMEIROS AUXILIOS SALVAN VIDAS

112

 

  Neste curso 23/24 abordamos no Cornide un contido curricular propio de EF pero que consideramos vital para toda a comunidade educativa; neste caso tanto docentes coma alumnado.
 
  Falamos dos primeiros auxilios nos que, tan importante é saber o que hai que facer, como tamén garantir a seguridade do propio rescatador así como o da persoa á que se trata de axudar.
 
  Acudiu ao centro un profesional de emerxencias, que fixo un taller práctico co alumnado de 5º e 6º, e dúas sesións do mesmo carácter para o profesorado. Todos tivemos ocasión de practicar maniobras de RCP cun manequín e comprobar de primeira man o fatigoso da experiencia pero, tan importante para salvar unha vida. Sempre lembrando en primeiro lugar asegurar a escena e avisar a emerxencias para informalos da situación e que poidan acudir prontamente.
 

Os PPAA salvan vidas

OS PRIMEIROS AUXILIOS SALVAN VIDAS

112

 

  Neste curso 23/24 abordamos no Cornide un contido curricular propio de EF pero que consideramos vital para toda a comunidade educativa; neste caso tanto docentes coma alumnado.
 
  Falamos dos primeiros auxilios nos que, tan importante é saber o que hai que facer, como tamén garantir a seguridade do propio rescatador así como o da persoa á que se trata de axudar.
 
  Acudiu ao centro un profesional de emerxencias, que fixo un taller práctico co alumnado de 5º e 6º, e dúas sesións do mesmo carácter para o profesorado. Todos tivemos ocasión de practicar maniobras de RCP cun manequín e comprobar de primeira man o fatigoso da experiencia pero, tan importante para salvar unha vida. Sempre lembrando en primeiro lugar asegurar a escena e avisar a emerxencias para informalos da situación e que poidan acudir prontamente.
 

Visitas escolares ao GADIS

  Grazas ao programa Alimentes de Gadis, o alumnado do CEIP José Cornide, tanto de infantil coma primaria, realizou unha visita ao supermercado onde coñeceron de primeira man os produtos básicos, as seccións relacionadas coa alimentación, coma froitaría, carnicería ou peixaría; e nocións sobre as cantidades axeitadas de nutrintes e os tipos de alimentos.

  Para completar a experiencia, cada neno recibiu un plato de Harvard e así de forma cotiá, aprender incluír na dieta de cada comida as doses de proteínas, hidratos e froita e verdura.

 

Plantando saúde: preparamos as plantas de tomate

QUE VIVAN OS TOMATES!

  Unha parte importantísima dun Proxecto de Vida Activa e Deportiva comeza por dar a coñecer os principios dunha alimentación saudable. Por isto, xa cos máis pequenos do cole, fomentamos unha conciencia ao respecto. E... Que mellor que colaborar co Horto do Cornide preparando as plantas de tomate que imos colocar no exterior?

 

  Sacamos as plantiñas da maceta e aprendemos que partes a compoñen: as raíces, o talo, as ramas e as follas. E tras disto a parte máis emocionante! Saír ao horto, facer cadanseu burato na terra e plantalas para que medren sans e fortes e dean unha chea de tomates, que a esta rapazada lles encanta.

  Neste vídeo podedes ver con que cariño trataron aos tomates.

 

E por fin fútbol....! Xornadas de fútbol gaélico

FÚTBOL GAÉLICO

Fillos de Breogán organiza un curso de iniciación del Fútbol Gaélico

  Por fin, tras moito tempo agardando, ao comezo do mes de febreiro temos fútbol en EF! Só que nesta ocasión damos a coñecer unha modalidade pouco coñecida en Galicia, pero que si ten sona noutras zonas e países. O fútbol gaélico é un deporte ben curioso no que se pode xogar con mans e pés.

 

  Grazas a dúas integrantes do club Fillas de Breogán, gozamos de dúas sesións deste deporte en todos os cursos de primaria, practicando habilidades básicas do mesmo coma o pateo ou o pase.

  Teñen equipo feminino e tamén infantís e convidan a probar de balde para todos os que queiran vivir esta experiencia de primeira man.

 

  Se queredes sabeer un pouco máis deste interesante deporte, picade no enlace.

 

PARKOUR!

parkour' Pegatina | Spreadshirt

Estamos a comezar o curso e as propostas innovadoras en E.F. sempre son benvidas. Canta máis variedade e diversidade de experiencias de actividade física teña o noso alumnado, máis rica será a súa motricidade e maiores as opcións para escoller, nun futuro, as modalidades deportivas que mellor encaixen cos seus intereses. Por iso, nesta segunda quincena de novembro, non quixemos desaproveitar a oportunidade que nos ofreceu Marcos, un mestre moi novo e traballador que está a realizar as prácticas nun dos grupos de E.Infantil. Este mozo leva unha vida activa e, entre outros deportes, practica Parkour. Esta nova actividade física que aproveita os elementos naturais e artificiais da paisaxe, está tendo moito auxe e a nosa cativada puido vivenciala e gozar con ela. 

 

 

Xornada Convivencia Atletismo escolar

ATLETISMO ESCOLAR

 

Atletismo: origen, historia y pruebas de la competición

O pasado venres 24 de maio o Concello de Deportes organizou, dentro do programa Xogade, unha xornada de convivencia de atletismo nas pistas universitarias de Santiago de Compostelas. Nela participaron alumnos de distintos centros da contorna coruñesa en probas de:

  • 60 metros lisos.
  • Lanzamento de peso.
  • Salto de lonxitude.
  • 500 metros lisos.
  • Lanzamento de vórtex.
  • Remudas.

 

 

Por sorte o clima acompañou nesta xornada na que os rapaces de 3º e 4º de E.P. visitaron, moitos por primeira vez, unha pista de atletismo, identificando as distintas zonas dentro da meama e vivenciando algunhas modalidades deste deporte en condicións "reais" con xuices de atletismo. A emoción mantívose durante toda a mañá e o nivel de esforzo e compromiso que mostrou a nosa cativada foi abraiante. Deixounos unha pegada moi agradable e agardamos que noutras ocasións, teñamos a posiblidade de volver a participar.

 

Noraboa a todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut