Skip to Content

6º Primaria

UCRAÍNA

O alumnado de terceiro ciclo fixo varias presentacións co programa Canva, relacionadas cos países que integran o PDI.

Nesta ocasión, clicando sobre as ligazóns poderedes descubrir datos curiosos de Ucraína.

Por suposto, non esquezades ter os altofalantes activados!!

 

SEMANA DA CIENCIA

Semana da ciencia 

Do 7 ao 15 de novembro celebramos a Semana da ciencia no Ceip José Cornide e os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria disfrutamos experimentando con materiais que todos podemos atopar nos nosos fogares. 

Pasámolo en grande!

REVISTA "O PAPAGAIO" DE XUÑO

Xa tedes aquí o novo número do Papagaio de xuño.

https://www.flipsnack.com/edicionsmoitoconto/o-papagaio-9-xu-o.html

Que a desfrutedes con saúde! Marcos.

Gallego 5º y 6º - Última semana de mayo y las tres que quedan de junio.

Completaréis 3 fichas cada semana del 

PLAN DE MELLORA.

 

Las fichas que queden podéis completarlas durante el verano.

 

SOCIAIS: O CLIMA E A PAISAXE

Empezamos o repaso e unha breve ampliación do tema "clima e paisaxe", para 5º e 6º. Esta unidade durará dúas semanas, así que podes dividir o traballo en catro sesións.

Como era a paisaxe e os ecosistemas da península ibérica hai cen anos?

e 1000 anos?

Como inflúe o clima na vexetación? E as actividades humanas?

como inflúe a contaminación na paisaxe?

Qué sectores económicos inflúen máis negativamente na conservación da paisaxe?

Observa este documental sobre a paisaxe máis abundante no norte da península: (dúas partes)

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/hombre-tierra-...

Para que repasedes as características dos climas déixovos este video:

https://www.youtube.com/watch?v=xGwxutJRb9U

e para que relacionedes clima e paisaxe, este outro:

https://www.youtube.com/watch?v=l6hy4TLNrKY

 

Para esta unidade, podes facer algunha destas actividades, ou , se é posible, todas. Envíaas como é costume, ó meu correo: marcos.casas@edu.xunta.gal

1 Debuxa un mapa parecido ó que aparece no minuto 2.06 do primeiro documental (Prisioneros de los bosques). No mapa inclúe en cada zona da península ibérica e as illas, polo menos unha especie que sexa abundante nesa área. (podes facelo mentres ves o cuarto documental)

2 Enche este quiz e envíame unha captura de pantalla co resultado, ou cóntame nun correo cal foi a túa puntuación.

https://www.goconqr.com/quiz/4799164/paisajes-de-espa-a

3 debuxa un mapa da península e as illas cos climas de cada zona, como o que aparece nos documentais sobre climas (3º e 4º)

 

Moito ánimo e Saúde! Marcos.

NATURAIS: A NUTRICIÓN

Empezamos un novo repaso, e será sobre outro tema, común a 5º e 6º, a función de nutrición. Estes días estamos vendo o importante que é a nutrición para manternos sans e para recuperar a saúde se estamos enfermos. Vemos como para cada enfermidade hai unha dieta correcta, e as descompensacións na dieta provocan diferentes enfermidades.

Para ir repasando, déixovos aquí uns materiais para estudar os contidos relacionados coas funcións do corpo humanos, e específicamente a nutrición. Esta actividade repartirémola nas dúas semanas vindeiras.

Introducción: as funcións vitais:

https://www.youtube.com/watch?v=pc6UondCrJg

A dixestión:

https://www.youtube.com/watch?v=L9ZpQMPtLNI

Nesta reportaxe tendes a realidade da nutrición arredor do mundo. Lede os textos que acompañan ás fotos para entender como noutros lugares, seres humanos de diversos países e etnias, cumplen a súa función de nutrición. Pensade, cal sería a fotografía que mellor describiría o voso tipo de nutrición? Podedes enviala ó meu correo marcos.casas@edu.xunta.gal

https://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/grandes-reportajes/la-evo...

Un vídeo algo máis realista sobre o sistema dixestivo:

https://www.youtube.com/watch?v=DSQd_hVFmME

 

E para rematar, este pequeno set de quizz's. Cando rematedes un, dous ou todos, enviádeme unha captura de pantalla, ou simplemente escribídeme a puntuación que fostes capaces de conseguir en cada un (podedes repetilos ata que esteades satisfeitos). Lembrade que tendes dúas semanas.

Para dummies:

https://www.goconqr.com/quiz/13875569/2-1-3-evaluaci-n-nutrici-n-

Para os que algo saben:

https://www.goconqr.com/quiz/6775353/preguntas-de-nutricion

Para os enterados:

https://www.goconqr.com/quiz/16465572/1er-examen-nutricion

Para os que estiveron moooi atentos:

https://www.goconqr.com/quiz/13874664/2-1-1-evaluaci-n-sistema-digestivo...

Para expertos:

https://www.goconqr.com/quiz/7314218/q1-sistema-digestivo-i

 

Ánimo e saúde! Marcos

REVISTA "O PAPAGAIO" DE MAIO

Ola Rapaces!

Como vai? agardo que todos puiderades ver ós vosos familiares despois do confinamento.

 

Envíovos o enlace que nos deu para este mes a revista "O Papagaio", unha das vosas favoritas para a hora de ler.

 

https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html

 

Durante este mes seguirá en aberto, así que lla podedes enviar ós vosos amigos doutros coles que aínda non a coñecen.

Saúde! Marcos.

SEMANA DAS LETRAS 2020

Estamos na semana das letras, polo que vos animo a que concentredes as actividades de linguas nesta celebración, para a que temos no apartado de Proxectos do centro>Dinamización da Lingua Galega, unha serie de actividades orientadas a que saibades algo máis de Ricardo Carvalho Calero, e poidades facer actividades sobre a súa figura e a súa obra.

Como sabedes, o día das letras será o día 17, domingo, e esta semana tedes na rede moitas actividades relacionadas con esta festividade, así como coa lingua en xeral, a través da poesía, da música, da literatura oral, etc.

Aquí vos deixo algunhas ligazóns máis.

Web específica, con actividades para Primaria, impulsada pola AGAL:

https://carvalho2020.gal/

Información sobre Ricardo Carvalho:

http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/

Evento de música e poesía "live" que se fará o domingo 17 desde Nova York

https://www.facebook.com/events/festival-kerouac/letras-galegas-2020-unh...

Lectura compartida en liña:

https://www.coruna.gal/cmix/gl/convocatorias/actividades/detalle-activid...

Video feito no IES de Arzúa sobre o autor:

https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms&feature=emb_title

 

Saúde! Marcos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut