Skip to Content

A HORTA DO CORNIDE

Horta Cornide Setembro 2024

Comenzamos o curso é así está a nosa horta, da que xa temos unha nova colleita.
 
 
 
 
 
 

TEMOS TOMATES!!!!!

Despois dunha boa poda, agora vemos mellor os tomates.

Que boa pinta teñen!!! Temos moitas ganas de probalos.

IDENTIFICACIÓN DAS ESPECIES VEXETAIS DO PATIO

Seguindo a formación recibida sobre Bosques Comestibles, dentro do Grupo de traballo: "Somos o que comemos" do Plan de Formación do Profesorado, o alumnado de Primaria estivo a traballar na identificación das especies vexetais que hai no patio e traballando tamén a competencia dixital.

Agora están a elaborar un mapa interactivo no que están situadas as especies e a súa información.

 

Tamén se están a elaborar carteis identificativos con:

- Nome da especie en Castelán, Galego e Inglés.

- Nome científico.

- Imaxe da planta.

- Código QR que enlaza á presentación coa información sobre a planta.

                                        

OS CULTIVOS VAN MEDRANDO

     

QUE BEN QUEDOU A NOSA PLANTACIÓN

    

    

 

 

COMEZA A ÉPOCA DE PLANTAR OS BANCAIS

Participamos no proxecto "A horta que queremos" cofinanciado polo Concello de A Coruña e Repsol.

Grazas a este proxecto, recibimos: terra, humus, plantas para os bancais e asesoramento de cultivos.

Instalamos o rego nos bancais.

E con toda esta axuda, comezamos a plantar:

      

 

Leitugas, cabaciños, cabazas, talletes, caléndula, xudías, espinacas, cenorias, rabaniños, brócoli, coliflor, pementos, tomates, berenxenas, alfábega, allos, porros...

BOSQUES COMESTIBLES

Dentro do Plan de Formación do Profesorado, neste curso recibimos unha docencia sobre "Bosques Comestibles".

Fixemos unha análise do patio e entre outras cousas, decidimos renovar o recuncho que temos detrás dos bancais.

 

     

                     ANTES                                               DESPOIS


Podamos a árbore que está á dereita da imaxe, o 

Retiramos plantas que xa estaban secas.

Limpamos o chan, removemos a terra e abonamos.

Plantamos: Framboeseiro, Physalis, Pataca de aire, Lavanda e Herbaluísa.

Tapamos a terra arredor das plantas con cartos e cubrimos con palla para que non saíran herbas.

        

 

 

PREPARANDO OS BANCAIS

Xa estamos na Primavera e tivemos que preparar os nosos bancais para a horta anual.

Canto nos custou arrincar a BERZA-PALMEIRA!!! e todas as raíces que había na terra.

     

                                                        

E incluso recibimos indicacións dunhas veciñas que pasaban por alí.

    

Distribuir contido


by Dr. Radut