Skip to Content

ANPA

ANPA SARDIÑEIRA

A ANPA Sardiñeira, do CEIP José Cornide Saavedra, encárgase, entre outras cousas, da organización do Servizo de Comedor e das Actividades Extraescolares.

 

Os datos de contacto da ANPA son os seguintes:

 

 

 anpa.sardinheira@gmail.com

 

      693 39 93 25

BENVIDA CURSO 2024/2025

 Estimadas familias:

Gustaríanos primeiramente dar a benvida ao noso centro José Cornide Saavedra a todas aquelas familias que este ano comezades curso escolar no Colexio, desexando que veñades con gran ilusión e que formedes parte desta pequena familia.

Os que xa formades parte do colexio, gustaríanos darvos un saúdo dende a ANPA e desexarvos un bo novo curso. Para axudar a que así sexa, queremos que todos e todas teñades unha pequena idea de cal é a nosa labor como ANPA facendo por outro lado un recordatorio as familias que xa formades parte do colexio.

Como ANPA buscamos ser unha vía de comunicación entre as familias e o colexio, sendo tamén un punto de apoio para vós nas diferentes situacións que se poideran dar o longo do curso escolar.

Ademais de isto encargámonos de organizar:

- COMEDOR ESCOLAR: a coordinación de este servizo do que dispón o centro faise a través da ANPA e da empresa de catering contratada, neste caso “Jardanay” . Indicar que as inscripcións no comedor son do 1 o 30 de Agosto e fanse de forma dixital . Este servizo pódese contratar en calquera das 4 modalidades : Fixo mensual - fixo 4 días - fixo 3 días - fixo 2 días - fixo 1 día - esporádico

-MADRUGADORES: dende hai dous anos contamos no noso centro co servizo de Madrugadores, o cal se manterá sempre que e cando haxa como mínimo unha solicitude dun neno ou nena na modalidade de fixo mensual. O servizo préstase tamén a través da empresa “Jardanay” e ten o mesmo período de inscripción que o de comedor, ofrecendo do mesmo xeito as 4 modalidades de inscripción: Fixo mensual - fixo 4 días - fixo 3 días - fixo 2 días - fixo 1 día - esporádico O horario establecido para este servizo e de 8:00 h a 9:00 h. Esta aprobado entre todos os socios e socias da ANPA que este servizo esté en vigor mentres haxa polo menos unha solicitude de un neno ou nena en modalidade de fixo mensual e mentres o resto de servizo se poida manter co importe recibido da subvención de comedor correspondente a ese ano.

-ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: a través da ANPA coordinamos as actividades que realizan os nenos e nenas fora do horario lectivo, intentando que sirvan tanto como divertimento como aprendizaxe para os alumnos e alumnas así como para axudar á conciliación laboral das familias.

Como idea, este ano impartíronse actividades como: judo, patinaxe, robótica, entre outras, impartidas directamente por clubes e persoal especializado.

Ademáis este verán estase a levar a cabo un campamento nas instalacións tanto do colexio como instituto, con carácter gratuito, a través do Plan Corresponsables da Xunta, e impartido polo Club de Esgrima Atlántico, combinando a esgrima adaptada ás diferentes idades, con actividades de reciclado, globoflexia, pintura… e os nenos e nenas están moi contentos.

Máis adiante informarase das propostas para levar a cabo ditas actividades no vindeiro curso.

- FESTA OU EXCURSIÓN FIN DE CURSO: no comezo de cada curso escolar , facemos unha reunión para os socios da ANPA na que entre outros puntos, inténtase acordar entre todos e todas e por maioría, qué tipo de actividade organizaremos para celebrar a fin de curso, intentando que todos os nenos e nenas do colexio teñan un día a poder ser inesquecible. Este curso fixemos un Festa de Fin de Curso con hinchables , festa da espuma, diferentes talleres e merenda. Pasámolo bárbaro!!

- FOTO FIN DE CURSO: É tradición que a través da ANPA se lles faga unha foto ós nenos e nenas de cada aula para poder ter un recordo dos seus compañeiros e compañeiras. Estes últimos anos contratamos a realización de dita reportaxe fotográfica á empresa Sonrisa Escolar, financiando aos socios da ANPA con 5 € do custo do reportaxe completo. Tamén existe a opción de mercar só a foto de grupo cun custo de 3€ para os socios da ANPA. Por suposto estamos sempre dispostos a escoitar suxerencias e recomendación das familias que poidan axudar a que a ANPA en concreto e o colexio en xeral poidan ir mellorando.

Aclarar tamén que todas as familias que fagan uso do comedor, madrugadores ou participen nas actividades extraescolare deben ser socios ou socias da ANPA ou pagar unha matrícula de 30 euros por nen@.

A CUOTA ANUAL É DE 30€ POR NENO, 35€ POR DOUS E 37.50 POR TRES.

Ante calquera dúbida que vos poida xurdir, poñemos a vosa disposición o correo electrónico da ANPA (anpa.sardinheira@gmail.com ) e o teléfono móvil para comunicación a través de whatssapp ( 693 39 93 25 ).

Recordar por último que as familias que non sexan socias non dispoñemos dos seus datos e non lles podemos enviar a información nós directamente.

Por último, se vos facilita unha ligazón para que se así o decidides podades formar parte da nosa ANPA. 

https://docs.google.com/forms/d/1FObESLqXcpJk3PhybcQuWxtGm61Xokz4D5Ob nMCkQcU/edit?chromeless=1

 

En documentos adxuntos, tedes este carta e un díptico do comedor.

 

Esperando poder ser de axuda neste vindeiro curso, recibide un afectuoso saúdo.

En A Coruña, a 4 de xullo de 2024

ANPA SARDIÑEIRA CEIP JOSE CORNIDE SAAVEDRA

IMPORTANTE!!!!! INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2021/2022

Período de inscrición do 10 ao 30 de agosto

 

A continuación hai uns documentos coa información.

Este é o enlace para a inscrición dos socios

https://forms.gle/2ebMoNn5girqBLhK9

ASAMBLEA ANPA

ACHEGAMOS INFORMACIÓN ASAMBLEA ANPA

PRESENTACIÓN DA ANPA ÁS NOVAS FAMILIAS

Deixámosvos a continuación unha carta de presentación e benvida para as novas familias ou para as que aínda non son socias da ANPA,  que se animen a formar parte dela.

Tamén tedes un documento de actualización de datos para as familias que xa forman parte de ANPA, para o vindeiro curso 2020-2021. En breve facilitarase un enlace para poder facer esta actualización de xeito telemático.

15 claves para triunfar con tu presentación - Startcomm                                                         Actualización de datos - Noticias y datos curiosos - ClubOsi

Distribuir contido


by Dr. Radut