Skip to Content

OS PARRULIÑOS COÑECEN A RÚA

OS PARRULIÑOS COÑECEN A RÚA

  Dende o Concello da Coruña en colaboración coa Policía Local, ofértase esta actividade de educación vial, coa que se pretende coñecer as normas básicas como peóns así como relacionar a figura da Policía Local co tráfico. 

  Os máis pequenos do cole participaron desta interesante iniciativa que comezou cunha pequena charla e o visionado de debuxos animados sobre o tema. 

 

  O máis divertido viría a continuación: Xunto cos dous axentes de policía saímos do colexio para realizar un camiño escolar seguro, polos arredores do centro facéndose ver cos chalecos amarelos e aprendendo como atravesar os pasos de peóns de forma segura e o significado dos sinais de tráfico situados na contorna.

  Xa para rematar, tiveron a ocasión de subir a un furgón da Policía e mesmo dicir algo polo altofalante. Toda unha experiencia para estes pequenos.



page | by Dr. Radut