Escolares

Día da Nai

Este ano coincide a nosa festa dos Maios co día da Nai.

Con este vídeo, que temos que agradecer coma moitas outras cousas a Michel, a nosa comunidade quere felicitar ás nais do noso  alumnado, que sempre están aí apoiando @s fill@s na súa marcha escolar e fronte aos desafíos da vida.

Para todas elas a nosa máis sentida felicitación neste día.

Marcha pola Paz en Ucraína

Celebración do Día da Muller

Deixámovos aquí unha reportaxe dos actos realizados para a celebración do Día da Muller Traballadora pola comunidade escolar do Ceip Condesa de Fenosa. Coma sempre estamos moi orgullosos de sermos unha comunidade que reivindica a total igualdade de mulleres e homes, e de que o noso alumnado vaia criando os alicerces dun mundo futuro igualitario e solidario.

 

Día Escolar Mundial pola Paz

Hoxe realizamos o noso acto pola Paz, centrado na reivindicación da igualdade no acceso á educación para homes e mulleres.

O acto consistiu en pendurar do noso valado uns grous de papel, seguindo o exemplo de Sadako, e tamén enviamos amarrados a uns globos de helio outros grous, neste caso un por aula do centro, con mensaxes pedindo a igualdade no acceso á educación das nenas e nenos.

Deixámovos aquí un vídeo do intre en que soltamos os globos para espallar os nosos desexos de igualdade polo mundo adiante.

 

Sadako e as mil grúas de papel

Festival de Nadal: O Condesa vos felicita

Un ano máis foi imposíbel realizar o festival de Nadal como adoitabamos facer nos anos anteriores á pandemia.

Cando faciamos o Festival tod@s nos queixabamos da falta de espazo, da calor, de se alguén se levantaba a facer unha foto ou gravar un vídeo... Que tempos aqueles! Como os botamos de menos!

Pero aquí están @s  nen@s coa mesma ilusión, cantándonos as panxoliñas, bailando ou contándonos un conto... e grazas a eles a maxia do Nadal continúa.

Desfrutade destes vídeos nos que nos regalan o seu traballo, o seu esforzo e a súa ilusión.

Que pasedes tod@s un bo Nadal e que o ano que vén sexa o que nos permita sair desta pandemia.

Mentres tanto, desfrutade das Festas CON SENTIDIÑO!

 

Ciencia en Galego e para todas as idades

Como todos os anos, polo mes de novembro, @s nos@s mellores científic@s póñense a bata branca e preparan os seus experimentos para contarnos que é iso da ciencia, e as cousas tan fantásticas que podemos facer traballando con elementos tan cotiáns coma auga, colorantes, aceite, bicarbonato....

E por suposto, no noso idioma, porque a máis de termos verbas "fermosas", temos, coma todos os idiomas do mundo, a capacidade de entender e explicar con el todo o que sabemos da natureza.

Por isto, o alumnado do noso centro e as súas familias, un ano máis enchen esta páxina de ciencia da boa, de ciencia en galego!

 

Inf 3aA
Inf 3aB
Inf 4
Inf 5
Prim 1ºA
Prim 1ºB
Prim 2ºA
Prim 2ºB
Prim 4º
Prim 5º
Prim 6º

 

 

O Magosto da Desescalada

Este ano o Magosto puido ser algo máis parecido a un magosto normal, aínda que seguimos gardando as medidas de prevención do protocolo anti-Covid.

Neste vídeo que gravou Juan, o noso cineasta da plantilla, podedes ver como o celebramos.

O Samaín no Condesa

Coma todos os anos quixemos celebrar a festa do Samaín. Como as restricións non nos permiten facer nin o túnel do terror, nin outras actividades que viñamos facendo, este venres tivemos sesións de cine terrorífico, unha escape room para @╔s chic@s de terceiro ciclo, un photo call terrorífico no patio cuberto, e participamos tod@s nunha dobraxe de beizos (lipdub) que, gardando as medidas de seguridade con separacións entre grupos burbulla, nos lembraron aquelas actividades nas que participabamos todo o colexio, e que ben seguro máis cedo que tarde voltaremos facer.

Se a isto lle sumamos o programa de radio que fixemos nesta semana sobre o Samaín, estamos seguros de que o temos moi ben celebrado.

Grazas ao noso benquerido Michel pola cabeceira que nos fixo para este vídeo.

 

Como se nos vé dende o ceo?

Pois si, agora podemos saber como se nos vé dende o ceo, grazas á gravación que fixemos co gallo do Día da Paz 2018... e o resultado, un tanto movido pero moi divertido,  é este:

 

Powered by Drupal - Design by artinet