A lingua nas ondas (2016)

Como xa fixemos o curso pasado, o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA co apoio de todo o centro, decidimos volver a realizar “A LINGUA NAS ONDAS”, o noso programa de radio das Letras, que aínda que de complicada organización, deu como resultado o traballo global da competencia comunicativa en lingua galega, pola totalidade do alumnado, favorecendo o dominio da nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito.

Durante os meses precedentes, dende o E.D.L.G., comezamos a deseñar a estrutura dos catro programas que se emitirán ao longo do mes de maio.

Dado que o autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Manuel María Fernández Teixeiro, é un escritor con obras de moi variada natureza, incluída moita produción poética para neno, queremos facer a nosa particular homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei: así adicaremos os catro programas a coñecer en profundidade tanto a súa traxectoria vital como profesional e literaria. Deténdonos no coñecemento e admiración pola súa extensa obra.

Todo o centro simultaneamente participará nesta actividade, dende Educación Infantil, ata 6º curso de Educación Primaria, integrando a tódolos nenos e nenas independentemente das súas características persoais. Destacamos a participación dos cursos superiores 5º e 6º de Educación Primaria, que se encargarán de 2 das 5 seccións que constitúen os catro programas. 

Como sempre facemos, dispondes de toda a información, así como dunha completa galería de imaxes, no seguinte documento adxunto en formato SCRIBD, que acompaña estas letras.

A Lingua nas Ondas 2016

Powered by Drupal - Design by artinet