- Servizo de Orientación psicopedagóxica a tempo completo os 5 días da semana.
- Programas de apoio, integración, reforzo e recuperación para todos os nen@s con dificultades de aprendizaxe (PROA). Así como Profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
- II Premio Nacional de Bibliotecas Escolares.
- Centro Plurilingüe dende o vindeiro curso 2016-17. Con tres mestres de Inglés e un profesor nativo.
- INFORMÁTICA: Plan TIC, EDIXGAL e ALFIN. Ademais de contar con aula de Informática e Pizarra Dixital Interactiva en todas as aulas. E 4 aulas Abalar con ordenadores portátiles para todos os alumnos.
- Servizo de Comedor con Cociña propia onde se elaboran menús saudables e equilibrados supervisados pola Consellería de Sanidade.
- Pavillón Polideportivo climatizado con vestiarios e duchas.
- Horario continuado de atención ao alumnado de 10 a 17h.
- Servizo de Transporte Escolar con Coidadoras, dende calquera punto do Concello.
- 6 aulas de Infantil con 2 mestras de Apoio.
- Período de adaptación ao comezo do curso para unha boa incorporación á escola. Entrevistas coas nais/pais e seguimento individualizado do proceso en cada nen@.
- Clases de Informática, Música e Inglés dende Ensino Infantil.
- Escola Medioambiental: con Axenda21, Comité Ambiental, horto ecolóxico e horto aromático.
- Escola Aberta á nosa contorna: Programa anual de visitas escolares para coñecer o máis relevante da nosa bisbarra.
- Centro de referencia en Normalización Lingüística.
- Curso gratuíto de natación en 3° de Primaria.
- Plans de Animación/fomento da lectura: con clubs de lectura, escritura e lectura dixital. Contacontos e lectura silenciosa colectiva integrada no horario escolar.
- Programa Madrugadores: para unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.
- Respectuosos/Sensibles coas nosas tradicións culturais e lingüísticas: magosto, festival de nadal, día da paz, día da árbore. Entroido, día do libro, día das Letras Galegas, día da muller, día contra a violencia de xénero...
ESCOLA PÚBLICA, DE CALIDADE, INTEGRADORA E SOLIDARIA. CUN ENSINO INDIVIDUALIZADO AO SERVIZO DA COMUNIDADE.
PODEDES VISITAR AS NOSAS INSTALACIÓNS, SEN NINGÚN COMPROMISO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 17 HORAS.
AGARDÁMOVOS!!