Este ano volve, como non podía ser doutro xeito, a Olimpíada do Saber.
Como estamos en tempos de Pandemia temos que ter unhas novas normas, así que prestade atención:
- Entramos na aula virtual co noso nome de usuario e o contrasinal.
- Accedemos á sección da Biblioteca Escolar e nela ao curso da Olimpíada do Saber.
- Na primeira lección tedes a tarefa desta semana, e cada semana deste mes de marzo teredes unha nova para ir contestando.
- No apartado para escribir teredes que poñer a letra dos enigmas e a resposta correcta.
Podedes, igual que o ano pasado, facer o enigma en familia (coidado, que vos axuden, non vale que vos fagan todo o traballo, eh!!!).
Por cada resposta correcta terás un punto, así que cada semana podes ter ata 4 puntos.
Anímate e participa!