Por segundo ano consecutivo, participamos na edición da Code Week, dentro do programa europeo que tenta levar a programación ás aulas.
Programar, basicamente é dividir un problema complexo en pasos sinxelos, unha operación mental que non só serve para comunicarnos coas máquinas, senón que nos fai conscientes dos nosos propios procesos mentais e da súa extraordinaria complexidade mesmo cando semellan ser moi simples.
Ao alumnado noso, que terá que desenvolver a súa vida de adulto nunha contorna na que a programación terá un papel moi importante, encántalle, e se sinten moi motivados con calquera actividade deste tipo, como poderedes ver nas súas actitudes de concentración nas fotos que acompañan esta notiña.