Blogues

Blanca Peral, Campiona xa en 1985

Modesto nos volve a asombrar coas súas pescudas na hemeroteca, e nos trae un artigo dunha ex-alumna do noso colexio, Blanca Peral de Éntoma, campiona galega de cross alá polo ano 1985.

Blanca Peral xa tivo dous fillos no colexio, ou sexa que é ex-alumna e tamén nai de alumnos.

Realmente o artigo paga a pena lelo, e comprobar como teñen cambiado as cousas nisto do deporte feminino.

 

Blanca Peral by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Documentos da Biblioteca

Aquí podedes consultar os documentos relacionados coa Biblioteca Escolar: Plan lector, Proxectos do Plambe, memorias dos distintos proxectos...


Plambe_memoria23-24 by Quini Freixeiro

O noso segundo programa xa está no ar!

Xa temos gravado e colgado na nube o noso segundo programa de radio, da nosa Dino Radio, e desta volta cunha moi interesante entrevista ao profe David (aínda que se xubilou segue a ser o noso profe, non si?) polo seu libro "Brian o Chinés".

Tamén nos falan do seu proxecto sobre o Principiño os alumnos de 4º B, e hai música das clase de 5º, que nos deleitan co Son do Ar.

Non volo podedes perder!

 

Sabes que camiño percorre a comida no teu corpo?

 

Sabes que percorrido realiza ese pasteliño tan rico que che acaban de dar a probar por dentro do teu corpo ata que volve saír ao exterior completamente transformado en algo xa non tan saboroso?

Se o sabes anímate e xoga con este padrón dos escornabots, onde atoparás paso a paso todos os elementos que interveñen na dixestión dos alimentos que inxerimos.... o problema é que están desordeados e ti, co teu robot terás que ir de casiña en casiña seguindo o orde correcto que percorren os alimentos.

 

Dous novos padróns para os escornabots

Velaquí dous novos padróns para traballar cos escornabots, referidos ao principiño, o encantador personaxe de Antoine de Saint-Exupéry, que foi o eixo do traballo do proxecto "@ principiñ@ que todos levamos dentro", que desenvolveron os alumnos e alumnas de 4º B, e que lles levou a traballar en murais, programación e robótica.

O xogo, como o da Oca, permite saltar dunha casiña co principiño deica outra co mesmo personaxe, no caso de caer nela.

Feira de Proxectos

Este ano tamén realizamos a nosa feira de proxectos, e a biblioteca converteuse nunha sala de exposicións. Neste caso presentaron nos dous espazos da biblioteca os proxectos de a lactancia materna, e o principiño que todos levamos dentro.

O son e o ruído

Aquí podedes ver unha escolma dos traballos feitos polo noso alumnado dentro do proxecto do Son e o Ruído que fixemos neste curso 2018-19.

Esperamos que vos guste, porque eles fixérono con moito cariño e esforzo!!

 

Proxecto o Son e o Ruído by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Un campión sobre dúas rodas

Jorge Paradelo, ex-alumno do noso centro, acaba de acadar o segundo posto na proba do mundial de Enduro a 2 tempos realizada en Santiago, e ocupa a terceira posición na clasificación xeral do mundial.

Primeiro Programa Semana das letras galegas 2019

Neste programa poderedes escoitar:

  1. Unha biografía de Antón Fraguas
  2. Unha referencia do club de lectura de 5º
  3. Unha entrevista a Rubén de 5º sobre a actividade de Xogos Deportivos
  4. O proxecto de ruído e silencio de 2º
  5. Unha peza musical interpretada por 6ºA
  6. Unha poesía de "os nosos autores en voz alta" de 1º

Trágame Terra 2019

Como todos os anos temos que celebrar a chegada do mes de maio, e da festa das nosas letras, do noso idioma, da nosa cultura...

E que mellor xeito que dando ao prelo a nosa querida revista escolar, o Trágame Terra, adicado este ano, como non podía ser doutro xeito, a Antón Fraguas, un estudoso e amante da nosa cultura popular.

Vaia para el este número.

 

Tragame Terra by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Powered by Drupal - Design by artinet