Blogues

Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e Material Escolar

 CURSO 2020/2021

Axudas libros e material escolar

(Alumnado de 1º a 6º curso de Educación Primaria)

PRAZO: do 20 de maio ó 19 de xuño.

HORARIO: das 10:00 ás 13:00 horas.

LUGAR: Secretaría do cole

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Solicitude(recóllese no cole e cúbrese na casa)

- Fotocopia DNI de todos os membros computables da familia.

- Fotocopia do libro de familia.

- No caso de que algún membro teña discapacidade, precísase fotocopia do certificado de discapacidade.

Todas as solicitudes deberán estar asinadas senón, non terán validez.

No momento en que se acceda ao centro, farase de forma ordenada e respectando as medidas de seguridade establecidas por mor da pandemia do COVID-19:uso de mascarilla e mantemento  da distancia de seguridade de 2 metros entre cada persoa.

 

Programa das letras galegas

Aquí vos deixamos un novo programa de Dinoradio, que realizamos, coma o anterior, ao través do WhatsApp, e no que co gallo da celebración das Letras Galegas 2020, rendemos unha homenaxe ao noso Ricardo Carballo (Carvalho) Calero.

 

Trágame Terra 2021 homenaxea a Xela Arias

Coma todos os anos por esta época editamos o noso número da revista escolar "Trágame Terra", adicada neste ano 2021 á poeta lucense Xela Arias.

Desfrutádea!

Modificación das programacións para este curso 2019-2020

Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que os contidos que se tiñan que dar durante o terceiro trimestre do curso pasarán a darse durante o primeiro trimestre do curso que vén.

As actividades a realizar durante este último trimestre serán de reforzo e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación habitual na que se reflicten os obxectivos e estándares de avaliación que quedan adiados para o curso 2020-2021, e que polo tanto non serán tidos en conta no proceso de avaliación deste curso atípico no que nos atopamos.

Os documentos aos que nos referimos os podedes consultar nos anexos desta entrada.

Máis proxectos de 2ºB

Está claro que estes nenos non paran de asombrarnos con todas as cousas que saben, e que ademáis comparten con todos nós.

Imos aprender a cociñar, a facer viño e a saber moitas cousas que non sabiamos dos dinosauros e dos arroaces da man de Denissa, Lara e dous chicos que comparten nome: Rubén.

Proxectos de 2ºA

Aquí temos catro proxectos duns investigadores de 2ºA, que durante a etapa do confinamento saben aproveitar o tempo e buscar informacións do máis interesante.

Proxectos de 2ºB

@s nen@s de 2ºB nos presentan algúns dos proxectos que están realizando nesta época de confinamento.

 

Traballos de 1º B durante o confinamento

Se onte puxemos no blog as actividades de 1º A, hoxe son @s compañeir@s de 1º B @s que expoñen na Web os seus traballos e as actividades que foron facendo nestes días de confinamento.

traballos1ºb by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Traballos de 1º A en tempos de Coronavirus

Comezamos por un vídeo:

E agora unha galería fotográfica de todo canto levan feito estes rapaces:

 

Traballos en tempos de coro... by Xoaquín Freixeiro on Scribd

O folión de Chandrexa

Exposición sobre o folión de Chandrexa de Queixa

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet