DÍA NON LECTIVO
Enviado por admin o Mér, 10/23/2024 - 08:41O centro ten autorizado como día non lectivo:
LUNS 4 DE NOVEMBRO
O Samian no Concepción
Enviado por admin o Mar, 11/26/2024 - 10:41Este curso celebramos o Samaín ao grande, dende bailes, a decoración das famosas cabazas e das portas terroríficas, na que...a aula de 2º A foi gañadora do concurso de "Portas Terroríficas de Hallowen" organizado pola aasociacion Amicos. Parabéns¡¡¡¡
Visitamos o Aquarium Finisterrae
Enviado por admin o Mar, 11/26/2024 - 10:31O alumnado de 2º de primaria visitou, o pasado luns 21 de outubro, a Gastón e ao resto da fauna mariña do Aquarium Finisterrae de A Coruña.
Concienciación sobre o lixo mariño
Enviado por admin o Mar, 11/12/2024 - 21:44Alumando de 5º e primaria participou, durante o mes de outubro, no Programa para unha transición ecolóxica organizado por CEIDA. Podedes ver o desenvolvemento da actividade visitando o noso blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Visita o Museo de Belas Artes
Enviado por admin o Mér, 11/06/2024 - 18:01Que pasaría se mañá caésemos desde un avión a unha illa deserta?
Baixo esta premisa o alumnado e 4º levou a cabo diversas dinámicas fronte ás obras de arte seleccionadas, todas elas coa natureza como protagonista.
Coñecemos o Aquarium Finisterrae
Enviado por admin o Mér, 11/06/2024 - 17:32O luns 21 de outubro, o alumnado de 2º visitou ao Aquarium Finisterrae para coñecer algo máis da nosa flora e fauna mariña da nosa costa.
Casa das ciencias e planetario
Enviado por admin o Mér, 11/06/2024 - 17:27O pasado 15 de outubro, o alumnado de 1º de primaria fixo a súa primeira visita experimentando na casa das Ciencias e coñecendo algo máis do espazo da man de Hazelnuts.
Comezamos co noso proxecto en Infantil
Enviado por admin o Mér, 11/06/2024 - 17:18O alumnado de 6º de Infantil desenvolveu este gran proxecto traballando sobre o tema da vendima. Podedes ver neste vídeo o proceso e o resultado.
Semana Europea da Mobilidade
Enviado por admin o Mér, 09/18/2024 - 17:18
Estes días estamos a celebrar a Semana Europea da Mobilidade e levamos a cabo algunha actividade, como a participación nas Xornadas de educación Viaria que teñen lugar no Obelisco por parte do alumnado de 6º, cun traxecto en bicicleta desde o centro educativo ata a localización das carpas onde se imparten as Xornadas.
Pola outra banda, desde Stop accidentes, vaise levar a cabo a habilitación temporal da contorna da rúa Castro Chané como espazo Parking Day durante a xornada deste venres 20 de setembro, permitindo o acceso peonil e seguro do alumnado e familias que acceden ao centro.
O obxectivo non é outro máis que impulsar a necesidade de xerar conciencia da dedicación do espazo público e mostrando que outro tipo de urbanidade é posible. Colocaranse carteis informativos indicando o obxectivo, as familias poderán compartir as opinións e impresións escribindo a:
ancasgalicia@stopaccidentes.org
asunto: Aparcadoiro Day-CEIP_CONCEPCION ARENAL
Proxecto sobre as profesións
Enviado por admin o Mar, 07/02/2024 - 11:26Neste curso, en educación infantil, traballáronse as profesións. Contamos coa inestimábel colaboración de todas as familias que espertaron o interese de todo o alumnado con información sobre as súas profesións. Grazas pola voca participación¡¡¡¡