samaín

O Samian no Concepción

Este curso celebramos o Samaín ao grande, dende bailes, a decoración das famosas cabazas e das portas terroríficas, na que...a aula de 2º A foi gañadora do concurso de "Portas Terroríficas de Hallowen" organizado pola aasociacion Amicos. Parabéns¡¡¡¡

 

 

 

Entrega de premios "Contos que meten medo"

Esta semana fíxose entrega dos premios de Samain organizado dende a Biblioteca sobre "Contos que meten medo", dentro das actividades programadas polo Samais. Parabéns a todos e a todas.

 

SAMAIN 2023

Esta semana celebramso o Samain con moitas actividades, decoramos as portas das aulas, as cabazas e fixemos un festival en Educación Infantil, rematando cunhas merendas terroríficas. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nesta proposta.

Samaín no Concepción Arenal

 

Foron moitas as actividades e propostas feitas por este Samain.

En Educación Infantil, o xoves, os máis pequenos e pequenas fixemos un conxuro máxico e o venres...todos xuntos, disfrutamos da representación da obra de teatro "Corre, corre, cabaciña" representada polas alumna de prácticas. Cantamos todos xunt@s Os monstruiños e disfrutamos das merendas monstruosas nas clases, como os plátanos pantasmas que fixeron en 3 anos.

Tamén decoramos as portas das aulas, tanto en Infantil como e Primaria, e o centro, con diferentes motivos terroríficos, tivemos un obradoiro para o alumnado de 3º e ata tivemos a visita da Santa Compaña por primaria.

 

Distribuir contido