blogue deadmin

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 24-25 E LISTAXE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Publicado no taboleiro do centro e na aplicación fondolibros, a relación PROVISIONAL de admitidos no fondo solidario de libros de texto 24/25 así como a relación de axudas para material escolar e libros de texto.

OS VALES SERÁN ENTREGADOS A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO

Convocatoria de axudas para alumnos con NEAE

Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Curso 24-25

- Prema neste enlace para consultar a información, convocatoria e acceso a tramitación en sede electrónica.

- Prema neste enlace para acceder a un titorial explicativo de como solicitar as axudas.

LISTAXE DEFINITIVO ALUMNADO ADMITIDO CURSO 24-25

Están publicados no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido no proceso de admisión para o curso 24-25. Tamén poden consultar no aplicativo admisionalumnado.

O alumnado admitido formalizará a matrícula na secretaria do centro do  20 ó 30 de xuño

Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia a praza.

A documentación a presentar no centro para a formalización de matrícula é a seguinte:

Ø Impreso de matrícula cuberto ( recoller en conserxería ou descargar aquí ).

Ø Unha fotografía tamaño carne.

Ø Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Ø Fotocopia do calendario de vacinación.

ØPara o alumnado que veña trasladado doutro centro: Boletín de notas

 

Proxecto sobre as profesións

Neste curso, en educación infantil, traballáronse as profesións. Contamos coa inestimábel colaboración de todas as familias que espertaron o interese de todo o alumnado con información sobre as súas profesións. Grazas pola voca participación¡¡¡¡

RECOMEDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

A continuación, recóllense unhas lecturas recomendadas polo Equipo da Biblioteca para ocupar o noso tempo de lecer nestas vacacións de verán.

Felices vacacións de verán¡¡¡¡

As xenerais da Ulla

Ainda que xa estamos ás portas do verán, compre recordar esta escenificación teatral dirixida polo titor e representada por dúas alumnas de 4ºA de primaria. Nesta representación teatral represéntase unha orixinal tradición que se celebra no entroido e que, formaba parte do proxecto de Biblioteca do centro para dar a coñecer o Entroido en Galicia ao noso alumnado. Neste caso, tratábase do espectáculo máis destacado do Entroido da comarca da Ulla e que leva por nome As xenerais da Ulla. Nesta tradición, as personaxes máis importantes, as Xenerais e os Correos a cabalo, percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes e remata escenificando un atranque, ou o que é o mesmo, un enfrentamento dialéctico por parellas que fan burlas sobre diversos temas e que nesta obra tan ben representaron Marina e Emily.

 

Facendo paddel surf por Mera

Esta semana o alumnado de 6º, que en breve despedimos, contou cunha actividade de Paddel Surf en Mera, actividade enmarcada como parte das actuacións do Contrato Programa Innova (Edu Saúde).

 

Taller de alimentación saudable

Durante este mes, o alumnado de 3º e 4º de primaria, recibiron un taller sobre alimentación saudable. Aspectos como distinguir a alimentación saudable fronte aos abusos de azucres e grasas, recoñecer as porcións recomendadas por grupos de alimentos ou elaborar alguna receita saudable foron, entre outros, obxetivos traballados neste taller impartido por Iria Llorca Loureiro.

Limpeza da praia

O alumnado de 3º e 4º de primaria, fixeron unha recollida de lixo da praia de Bastiagueiro e acabaron disfrutando dun paseo pola ruta que comunica Bastiagueiro con Santa Cruz.

 

Distribuir contido