Xenerais da Ulla

As xenerais da Ulla

Ainda que xa estamos ás portas do verán, compre recordar esta escenificación teatral dirixida polo titor e representada por dúas alumnas de 4ºA de primaria. Nesta representación teatral represéntase unha orixinal tradición que se celebra no entroido e que, formaba parte do proxecto de Biblioteca do centro para dar a coñecer o Entroido en Galicia ao noso alumnado. Neste caso, tratábase do espectáculo máis destacado do Entroido da comarca da Ulla e que leva por nome As xenerais da Ulla. Nesta tradición, as personaxes máis importantes, as Xenerais e os Correos a cabalo, percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes e remata escenificando un atranque, ou o que é o mesmo, un enfrentamento dialéctico por parellas que fan burlas sobre diversos temas e que nesta obra tan ben representaron Marina e Emily.

 

Distribuir contido