Visita de Ledicia Costas

Esta semana visitou ao noso alumnado de 5º de Educación Primaria, Ledicia Costas, escritora que nos contou anécdotas e asinou exemplares de Vampira de biblioteca.

Visita de Manuel Rivas

O alumnado de 6º recibiu, no noso centro, a visita do escritor Manuel Rivas, que, despois da súa charla, asinou exemplares da súa obra.

 

2 DE MAIO: Dia Internacional contra o acoso escolar.

Contra o acoso...fala agarimoso!!

Retrato de mulleres artistas, formas e cores

A semana pasada, o alumnado de 5º de primaria asistiu a clausura dos Talleres Retratos de mulleres artistas, formas e cores que se desenvolveron en marzo no marco das actividades do 8M, Día Internacional da muller.

Sistema Lupo

Durante este curso, o profesordo do centro contou cunha pequena formación en LUPO e, coas pezas proporcionadas polo Centro de formación e recursos de A Coruña, aplicamos na aula o método con fantásticos resultados.

Obradoiro Braille

O alumnado de 3º recibiu unha sesión na que coñeceron o alfabeto Braille e practicaron a escritura na máquina Perkins.

Castro de Elviña

O alumnado de 4º de primaria visitou este famoso poblado protohistórico situado en Elviña.

 

Deporte adaptado

Da man de ENKI, o alumnado de 6º coñeceu as posibilidades que ofrece o deporte adaptado de modo que todos e todas podamos practicar calquera tipo de deporte favorecendo a inclusión da diversidade a través do deporte.

Monte de San Pedro

Nesta ocasión, o alumnado de 2º de primaria, despois da visita das monitoras que impartiron nas aulas unha charla sobre educación ambiental, visitaron o Monte de San Pedro para coñecer, entre outras cousas, o ecosistema dese entorno natural. O programa Vexo, vexo sobre Educación ambiental ten como obxectivo a sensibilización polo coidado da contorna.

Digocho eu¡¡¡¡

Xa temos o resultado do video no que explicamos os sinónimos do "saltar" para o Digocho eu¡¡¡¡

Podedes velo premendo no enlace.

 

Distribuir contido