VISITA A CASA MUSEO MARIA PITA

Esta semana comezou un novo trimestre e o alumnado de 1º e de 3º visitou a casa Museo de María Pita. O alumnado acercouse a figura da heroína coruñesa, coñecendo a súa vida e repasando a historia de A Coruña.

Bo Nadal

O CEIP Plurilingüe Concepción Arenal deséxavos un bo nadal e un próspero ano novo.

Semana da discapacidade

Durante a primeira semana de decembro traballamos diferentes propostas con variadas actividades para conmemorar a semana da discapacidade. No obradoiro "Aprendendo en familia" de 6º de EI, contamos coa colaboración de Fe e Tamara para ensinarnos Lingua de signos. Faláronnos do importante que é superar os impedimentos no noso día a día, buscando solucións que estean nas nosas mans, facéndonos persoas máis felices e capaces. Por outra banda, desde COGAMI, levouse a cabo un contacontos ofrecido por Chus e Sonia. Por último, o alumnado de educación primaria participou na carreira ENKI que se organizou desde o centro e cuxo resultado podreis ver en breve.

25 NOVEMBRO: Non violencia

A semana do 25 de novembro, dende as diferentes titorías de Infantil e Primaria, traballamos diferentes propostas nas que se conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, decoramos as nosas portas e corredores e gravamos un fermoso video cantando a canción Depende dos dous que podedes ver visitando o blogue da Biblioteca do centro premendo aquí. 

Campaña de recollida de alimentos

Un ano máis, dende o CEIP Concepción Arenal colaboramos co banco de alimentos Rías Altas nunha nova campaña de recollida de alimentos. Nesta ocasión os alimentos perecedoiros máis necesarios son o aceite, as conservas, os alimentos infantís e as legumes. Gracias a todos e todas pola vosa colaboración un ano máis e bo Nadal.

Visita de Alberto Seoane

A semana pasada recibimos a visita de Alberto Seoane, deportista de alto nivel de tenis de mesa que participou nos xogos Paralímpicos de Río 2016.

Moitas grazas pola túa visita e por narrar as túas experiencias.

II edición "Máis rápidas, máis altas, máis fortes"

A semana pasada o alumnado de 6º de primaria participou na II edición de "Máis rápidas, máis altas, máis fortes", unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Industria e Emprego e o grupo "Deporte e muller", unha campaña que pretende achegar o exercicio de diferentes especialidades deportivas practicadas por mulleres e que persegue implicar ao alumnado na práctica en diferentes dinámicas deportivas que se desenvolven na cidade.

 

A vendima

O alumnado de educación infantil das aulas do lazo verde e amarelo, fixeron mosto e aprendeu moito das uvas (cores, uso, colleita,...) ata elaboramos o noso particular acio de uvas.

Celebracións no día do Peón

O pasado venres 11 de novembro, celebramos o día do Peón co noso particular Concurso no que todo o alumnado que quixo fixo bailar os seus peóns entregándose diplomas pola participación. Tamén disfrutamos do concerto de Lourdes e Fran, a quen agradecemos enormemente a súa colaboración ofrecéndonos este divertido momento compartindo a súa música. Por outra banda, o alumnado de 2º de primaria asistiu o Forum metropolitano a disfrutar da obra Cubo, un espectáculo a cargo de Elefante Elegante.

 

 

Visita ao Museo de Belas Artes

Esta semana, o alumnado de 4º de primaria visitou o Museo de Belas Artes de A Coruña e participou na actividade de Illas da natureza. Nesta actividade coñeceron diversas propostas, empezando polo respecto polo medio ambiente aproveitando o material de refugallo para denunciar a conteminación a través da arte, coñeceron a lenda de Ícaro e Dédalo a través da obra de Jacob Peeter Gowy, A caída de Icaro e a obra de Luis Seoane, As mariscadoras.

Distribuir contido