Chegou o outono¡¡¡¡
Os mais peques de infantil, a clase do lazo verde e amarelo, celebramos que estamos no outono. Esta mañá cando chegamos a clase atopámonos unha gran sorpresa: unha instalación artística con follas e froitos de outono onde xogamos a lanzar as follas ao aire, a cociñar froitos, a clasificar , fixemos música..ata pasamos por un estupendo túnel outonal. Gozamos unha chea!!