belas artes

Visita o Museo de Belas Artes

Que pasaría se mañá caésemos desde un avión a unha illa deserta?

Baixo esta premisa o alumnado e 4º levou a cabo diversas dinámicas fronte ás obras de arte seleccionadas, todas elas coa natureza como protagonista. 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de  3º, 5º e 6º de Educación primaria visitaron, ao longo da semana pasada, o Museo de Belas Artes de A Coruña. O alumnado participou nas actividades organizadas coñecendo diferentes autores e obras.

Visita ao Museo de Belas Artes de A Coruña

Nesta ocasión, a quenda de visitar o Museo de Belas Artes e participar das propostas que ofreceron as súas guías foi para o alumnado de 5º de primaria. Pasamos un agradable mañá no museo e nos felicitaron polo bo comportamento e implicación na actividade.

Visita ao Museo de Belas Artes

Esta semana, o alumnado de 4º de primaria visitou o Museo de Belas Artes de A Coruña e participou na actividade de Illas da natureza. Nesta actividade coñeceron diversas propostas, empezando polo respecto polo medio ambiente aproveitando o material de refugallo para denunciar a conteminación a través da arte, coñeceron a lenda de Ícaro e Dédalo a través da obra de Jacob Peeter Gowy, A caída de Icaro e a obra de Luis Seoane, As mariscadoras.

Distribuir contido