23 de febreiro: Dia de ROSALIA DE CASTRO

Esta semana celebramos o día de Rosalía de Castro con diversas actividades. Neste video podedes disfrutar do recitado dos poemas más representativos de Rosalia por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria.

Augas de Galicia

O alumnado de terceiro ciclo recibiu unha sesión formativa que consistiu no desenvolvemento de actividades divulgativas para axudar a comprender aos estudantes como funciona a natureza e especialmente os ríos.

 

Luz negra no Entroido

As nenas e nenos das aulas do lazo verde e amarelo tiveron unha sorpresa sensorial neste Entroido. A profe Cris contoulles o conto de Leotolda coa maxia da luz negra que resalta as cores. Despois puideron disfrutar dos talleres coa mesma experiencia sensorial: taller de antefaces, debuxo de Leotolda, construcións de cores, mesa de luz e colares e máscara do Entroido galego elaboradas en impresora 3D.

 

Coñecemos algo do Triathlón

O noso alumno Leo Santomé acompañado polo seu adestrador do Clube Triathlon Coruña, Dani González, ofreceron unha pequena exhibición deste deporte tan completo.

Actividade educación medioambiental CEIDA

Un curso máis o alumnado de 3º ciclo está a levar a cabo un programa de educación medioambiental que se iniciou coas charlas por parte dos membros de CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

 

Día da Paz

 A semana do 30 de xaneiro celebramos a Paz con diferentes actividades en aula, decorando as nosas portas e conmemorando o día co "Baile de los siete saltos"

Xa chega o Entroido...

Xa estamos a celebrar o Entroido no cole e para esta próxima semana o Meco manda e pide que cada día traiamos un complemento...

 

 

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO¡¡¡

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal deséxavos un bo nadal e un feliz ano novo.

 

Entrega de premios do Concurso Stop accidentes

Este luns tivo lugar a entrega dos premios e recoñecementos dos traballos convocados por Stop accidentes "Agora imos andado ao cole¡. as nosas gañadoras e finalistas, Mar Meitín Blanco (6º A), Nieves López Pichel (5º A), Abril Trillo Carracedo e Paula Pérez Pose, ambas de 5º B, recolleron os seus agasallos e premios polos seus traballos. Parabéns¡¡¡

A galiña galiñola

O alumnado de Infantil disfrutou dun contacotoncos e dun taller de ilustración no que a escritora Adelaida Pittaluga e a ilustradora Ana Miranda, viñeron a presentarnos as peripecias da Galiña Galiñola. Deixamos un enlace para que coñezades a súa colección.

Distribuir contido